Cadros Históricos
















































































Temporada 1988-1989

O equipo branquiazul alcanzou as semifinais da Copa do Rei por primeira vez na súa historia. Os herculinos deixaron no foxo Arenteiro, Endesa As Pontes, Sanse (após unha épica remontada na prórroga), Sabadell, Real Sociedad (en Atocha, nunha quenda na que Jorge foi o heroe parando dous penaltis) e Mallorca para plantarse na penúltima rolda. Nela, ante o Valladolid, unha polémica arbitraxe no encontro de volta enterrou as opcións do Dépor (que gañara por 1-0 na ida) de disputar a súa primeira final e de clasificarse para a Recopa de Europa, pois o outro finalista era o Real Madrid, que xa tiña billete para a Copa de Europa. O deportivismo clamou contra o árbitro, que non castigou a dureza de varios xogadores vallisoletanos e na prórroga deu por válido o 2-0, anotado en fóra de xogo. A Liga foi unha historia diferente. Un mal comezo deixou o equipo na zona baixa, da que escapou grazas a un grande rendemento fóra de casa, onde gañou 8 partidos que o levaron á 10ª posición final.
Liga (Segunda División) 10º con 40 puntos (16 v, 8 e, 14 d, 43 gf, 35 gc)
Copa do Rei Semifinalista (elimina a Arenteiro, Endesa As Pontes, Sanse, Sabadell, Real Sociedad e Mallorca, eliminado polo Valladolid)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Arsenio Iglesias (adestrador), Carlos Ballesta (segundo adestrador), José Ángel Franganillo (preparador físico), Antonio Barbeito (médico), Antonio Vázquez (masaxista) e Suso Méndez (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: Fernando, Jorge e Docobo.
DEFENSAS: Cayetano, Ramón, Portela, Martín Lasarte (fichado en febreiro), Antonio, Modesto, Busto, Óscar, Molinos e Víctor Hugo Bordón.
CENTROCAMPISTAS: Fran, Gil, Aspiazu, Fontana, Agulló, José Ramón e De los Santos (fichado en outubro).
DIANTEIROS: Raudnei, Vicente, Hidalgo, Donowa (baixa en xaneiro) e Mella.