Cadros Históricos
















































































Temporada 1986-1987

O Dépor voltaba a loitar polo ascenso e novamente volvíaselle resistir. Nesta ocasión, por culpa da reestruturación de categorías do fútbol español. A Federación inventouse un playoff tras acabar a Liga, unha liguiña que dilapidou as opcións branquiazuis de regresar á elite. Os deportivistas lograron a 2ª posición na temporada regular, grazas á súa solidez en Riazor, onde acabaron invictos, con 12 vitorias e 5 empates. O que en calquera outra temporada valese o ascenso, nesta non era suficiente. No playoff, senllas derrotas en Sestao e Vigo complicaron o panorama, que se escureceu cunha nova derrota ante os vascos na Coruña. Despois de gañar en Vallecas, o Celta visitaba Riazor nun partido con tinguiduras de final, que decidiu un erro arbitral. Unha falta de Dacosta sobre Alvelo fóra da área converteuna en penalti o colexiado Díaz Veiga. Celta e Sestao superaron na táboa un Dépor que se derrubou e foi incapaz de remontar nas dúas últimas xornadas.
Liga (Segunda División) 5º con 51 puntos (19 v, 13 e, 12 d, 58 gf, 47 gc)
Copa do Rei 3ª rolda previa (elimina ao Portonovo, eliminado polo Alcoyano)
RCD / Presidente
Andrés García YáñezRCD / Corpo Técnico
Eusebio Ríos (adestrador), Carlos Ballesta (segundo adestrador), José Ángel Franganillo (preparador físico), Antonio Barbeito (médico), Antonio Vázquez (masaxista), Félix Juane (ATS) e Suso Méndez (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: Jorge, Docobo e Fernando.
DEFENSAS: Portela, Silvi, Maldonado, Richard, Modesto, Mauri, Cayetano, Ramón, Dacosta e Acevedo.
CENTROCAMPISTAS: Verón, Gil, José Luis, Sánchez Candil, Agulló, Sebas e Alfredo.
DIANTEIROS: Vicente, Donowa, Hidalgo, Traba, Steel (fichado en abril) e Castreje (fichado en abril).