Cadros Históricos
















































































Temporada 1984-1985

Un curso abarrotado de altibaixos complicouse excesivamente no tramo final de competición, mercé ao focho sufrido entre as xornadas 28 e 36. Unha soa vitoria e tres derrotas consecutivas nese tramo deixaron o Deportivo nunha situación límite, a só un punto da zona de descenso con dous encontros por diante. As pantasmas afastáronse cunha contundente vitoria en Riazor sobre o Barcelona Atlètic (3-1), fraguada en dous goles de Traba e Brizzola nos primeiros dez minutos. Eses dous puntos practicamente valeron a permanencia matemática, pois na última xornada o Deportivo só podería baixar en 1 das 243 combinacións de resultados, un improbable séxtuplo empate provocado por cinco resultados que obviamente non se produciu. O baixo rendemento lonxe de Riazor (1 vitoria, 9 puntos e 15 goles marcados, con derrotas por 7-2 en Cádiz e por 5-0 en Vigo) foi unha das claves para que un Dépor que respondeu ben ante o seu público (12 vitorias, 3 empates e 4 derrotas) acabase o curso sufrindo. Ao concluír a temporada, Arsenio Iglesias puxo fin á súa segunda etapa no banco branquiazul.
Liga (Segunda División) 13º con 36 puntos (13 v, 10 e, 15 d, 52 gf, 60 gc)
Copa do Rei 3ª ronda previa (elimina a Gran Peña e Pontevedra, eliminado polo Linares)
Copa da Liga de Segunda División Cuartos de final (elimina ao Celta, eliminado polo Atlético Madrileño)
RCD / Presidente
Jesús Corzo SierraRCD / Corpo Técnico
Arsenio Iglesias (adestrador), Antonio Barbeito (médico), Antonio Vázquez (masaxista), Félix Juane (ATS) e Antonio Soto (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: Montes, Jorge e Docobo.
DEFENSAS: Mauri, Silvi, Ballesta, Joaquín, Carreras, Carlos e Álex.
CENTROCAMPISTAS: José Luis, Agulló, Pancho García, Moreno, Brizzola, Cano e Peralta.
DIANTEIROS: Vicente, Traba, Pablo Alonso, Alfonso, Mané, Solé e Hermes Navarro (fichado en xaneiro).
XORNADA DE FOLGA DE FUTBOLISTAS PROFESIONAIS (09/09/1984, Deportivo-Tenerife): Joaquín, Chechu, Enri, Juanito, Suso, Ramón II, Pozas (Chema), Fisquelas, Castreje (Fachal), Andrés e Pupi.