Cadros Históricos
















































































Temporada 1982-1983

Arsenio regresaba á dirección do equipo dez temporadas despois da súa marcha ao Hércules, cunha intención: devolver a Primeira un equipo que xa levaba dez anos sen pisar a división de honra. Estadio novo, a madurez de varios alicerces, o regreso do fillo pródigo... Unha aposta gañadora que comezou a verse cada dous domingos en Riazor, onde o Dépor gañou os seus primeiros 11 partidos. O primeiro pau en casa chegou na 23ª xornada, ante o Palencia (0-2), nun partido no que o Dépor viu tres cartóns vermellos. Antes, tras derrotar ao Sabadell (3-1) na 17ª xornada, os branquiazuis instaláronse na zona de ascenso. Un empate en Linares, na penúltima xornada, daba ao Deportivo a posibilidade de ascender se non perdía no último encontro ante un Rayo que non se xogaba nada. A derrota por 1-2 converteu un abarrotado Riazor nun funeral. Con 16 goles, José Luis foi o primeiro centrocampista que gañaba un Trofeo Pichichi en Primeira ou Segunda. Ao finalizar o campionato, o Dépor debutou na Copa da Liga de Segunda, na que alcanzou a final, que perdeu ante o Atlético Madrileño.
Liga (Segunda División) 4º con 46 puntos (19 v, 8 e, 11 d, 58 gf, 36 gc)
Copa do Rei Oitavos de final (elimina a Lugo, Gran Peña, Palencia e Alcoyano, eliminado polo Athletic de Bilbao)
Copa da Liga de Segunda División Finalista (elimina a Palencia, Oviedo e Xerez, eliminado polo Atlético Madrileño)
RCD / Presidente
Jesús Corzo SierraRCD / Corpo Técnico
Arsenio Iglesias (adestrador), Vicente Cervera (segundo adestrador), Antonio Barbeito (médico), Félix Juane (ATS) e Antonio Carreras (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: Jorge, Millán e Berto.
DEFENSAS: Piña, Carreras, Ballesta, Silvi, Marro e Pardo II.
CENTROCAMPISTAS: Peralta, Moreno, José Luis, Fernando Muñoz, Pancho García, Agulló, Fraga e Zelaya.
DIANTEIROS: Traba, Vicente, Ortiz, Albiol, Damiano (fichado en marzo) e Huapaya.