Cadros Históricos
















































































Temporada 1964-1965

Unha campaña para esquecer. O Deportivo descendeu a Segunda División mercé a unha mala temporada, na que soamente sumou 15 puntos e marcou 18 goles en 30 partidos. Fóra de casa, o rendemento foi moi baixo, con só 2 puntos, grazas a senllos empates sen goles en San Mamés e no Carlos Tartiere, e unicamente 2 goles marcados. Os branquiazuis só abandonaron os postos de descenso nunha xornada, a 6ª, despois da súa mellor serie do curso, dúas vitorias consecutivas ante Las Palmas (1-0) e Murcia (2-0). Nin sequera o cambio no banco, coa chegada de Carniglia en lugar de Juanito Otxoa, xusto cando o equipo situouse como pechacancelas na 9ª xornada, variou o rumbo do equipo, que só abandonou a última posición en dúas xornadas, a 22ª e a 24ª. O descenso acabou consumándose na 28ª xornada, cando o Elche impúxose en Riazor por 0-1.
Liga (Primeira División) 16º con 15 puntos (6 v, 3 e, 21 d, 18 gf, 50 gc)
Copa do Xeneralísimo Oitavos de final (elimina ao Granada, eliminado polo Sporting de Gijón)
RCD / Presidente
Luis J. Vázquez-Pena NúñezRCD / Corpo Técnico
Juan Otxoa (adestrador) Ata novembro
Luis Carniglia (adestrador)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Benegas, Manolín e Pampols (baixa en marzo)
DEFENSAS: Aurre, Domínguez, Pantaleón II, Lariño, Carlos e Rifé.
CENTROCAMPISTAS: Manolete, Arcángel, Muñoz, Escolà, Loureda, Crispi (baixa en marzo), Bellón e Pito.
DIANTEIROS: Montalvo, Veloso, Jaime Blanco, Pellicer, Carlos Torres, Beci, Lamelo (baixa en marzo) e Sornichero.