Cadros Históricos
















































































Temporada 1955-1956

O primeiro curso da era 'post-Acuña' resultou complicado desde o inicio. A primeira volta deixou un sabor agridoce, porque se alternaron desastres do calibre de senllos 4-1 en Balaídos e o Camp Nou, con vitorias históricas como o 3-0 sobre o Atlético de Madrid ou o 1-2 no Santiago Bernabéu, a primeira vitoria lograda no campo do Real Madrid. Tras dúas goleadas a domicilio (5-0 nas Palmas e 5-1 en Alacante), Rodrigo deixou paso a Pahíño, máximo goleador aquel curso con 14 dianas, que exerceu de xogador-adestrador. Unha derrota estrepitosa ante o Barça en Riazor (0-7), a terceira dunha serie de catro, metía aos deportivistas en zona de promoción. Finalmente, Zubieta, que aos seus 37 anos só disputara dous encontros, asumiu o mando do equipo e conduciuno á permanencia. Grazas, sobre todo, a unha serie de cinco partidos sen perder, entre as xornadas 25ª e 29ª, con catro vitorias. O Dépor varreu ao Celta (5-0), empatou en San Mamés (2-2), derrotou ao Espanyol (3-1), venceu en León (1-2) e goleou á Real Sociedad (5-0), resultado que o deixaba a expensas dunha auténtica hecatombe na última xornada para verse obrigado a disputar a promoción, cousa que non sucedeu.
Liga (Primeira División) 12º con 26 puntos (11 v, 4 e, 15 d, 60 gf, 80 gc)
Copa do Xeneralísimo Oitavos de final (eliminado polo Osasuna)
RCD / Presidente
José Iglesias VarelaRCD / Corpo Técnico
Rodrigo García Vizoso (adestrador) Ata xaneiro
Manuel Fernández 'Pahíño' (adestrador) Ata febreiro
Ángel Zubieta (adestrador)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Otero, Lestón, Gantes, Leal e Alonso.
DEFENSAS: Tomás, Rodolfo, Irusquieta, Botana, Anca II (fichado en marzo), Antelo (fichado en novembro), Manín, Zubieta, Anca I (fichado en maio), Germán (fichado en maio) e Ortuondo.
CENTROCAMPISTAS: Lechuga, Juananco, Cuenca, Ortega (fichado en marzo) e Gárate.
DIANTEIROS: Arsenio, Tino, Pahíño, Polo, Bazán, Juan, Lexo, Vegazo (baixa en xaneiro) e Alvarito (fichado en maio).