Cadros Históricos
















































































Temporada 1989-1990

Un Deportivo que rendeu moi por riba do esperado quedou a un paso de concretar o durante tanto tempo ansiado ascenso a Primeira. E iso, a pesar de que o camiño non comezou excesivamente ben. Unha serie de só 2 puntos en 7 partidos tivo o seu colofón na 12ª xornada, na que caeu estrepitosamente en Sabadell (4-0). O equipo tocou fondo. Era 15º na clasificación, cos mesmos puntos que o primeiro equipo en posicións de descenso. A partir da seguinte xornada encadeou unha serie de 6 vitorias nos 7 últimos partidos da primeira volta. Na segunda metade da Liga mantivo o tipo e, cun sprint final vertixinoso (7 triunfos nos 8 últimos encontros), alcanzou a 4ª praza final, o que lle valeu medirse na promoción ante o Tenerife. Tras sacar un 0-0 en Santa Cruz, un golpe de sorte (cabezazo de Edu ao traveseiro que entrou na portería tras pegar nas costas do gardameta Fernando) deu aos insulares a vitoria pola mínima en Riazor e puxo fin ás ilusións coruñesas.
Liga (Segunda División) 4º con 44 puntos (19 v, 6 e, 13 d, 45 gf, 38 gc); Promoción perdida contra o Tenerife (0-0 no Heliodoro Rodríguez López, 0-1 en Riazor)
Copa do Rei 1ª rolda previa (eliminado polo Tenerife)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Arsenio Iglesias (adestrador), Carlos Ballesta (segundo adestrador), José Ángel Franganillo (preparador físico), Antonio Barbeito (médico), Antonio Vázquez (masaxista) e Suso Méndez (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: Fernando, Jorge, Julio Ares e Viña (fichado en marzo).
DEFENSAS: Sabin Bilbao, Martín Lasarte, Sredojevic, Gustavo, Antonio, Cayetano, Molinos, Modesto, Busto e Óscar.
CENTROCAMPISTAS: Aspiazu, José Ramón, Fran, Gil e Santi Francés.
DIANTEIROS: Raudnei, Batrovic (baja en febrero), Stoyanov (fichado en abril), Hevia, Manuel e Mella.