Cadros Históricos
















































































Temporada 1963-1964

Roque Olsen fabricou un equipo para ascender e para varrer os seus rivais. O Deportivo proclamouse campión do Grupo Norte de Segunda División con 42 puntos e perforando as redes contrarias en 74 ocasións en 30 partidos: 8-0 ao Constancia, 5-0 ao Ourense, 2-7 en Badalona, 8-2 ao Alavés... Os branquiazuis foron unha auténtica máquina goleadora, promediando case 2,5 goles por encontro. Veloso sumou 17 tantos, Loureda fixo 15, o peruano Montalvo anotou 13 e Lamelo outros 12. Antes de sufrir a súa primeira derrota, na 11ª xornada ante o Alavés, o Deportivo sumou 9 vitorias e 1 empate. Na 8ª xornada, tras pasar por riba do Constancia, alcanzou un liderado que xa non soltou. En casa, o equipo só perdeu un partido, ante o Racing de Santander (0-1), sumando 26 puntos de 30 posibles. A celebración do ascenso foi unha das máis grandiosas que se lembran. Produciuse nada menos que gañando un derbi en Riazor ao Celta (2-1), con goles de Lamelo e Loureda, cando aínda restaban dous encontros por disputar.
Liga (Segunda División Grupo Norte) 1º con 42 puntos (19 v, 4 e, 7 d, 74 gf, 31 gc)
Copa do Xeneralísimo Oitavos de final (elimina a Abarán e Murcia, eliminado polo Valencia)
RCD / Presidente
Jesús Cebrían BrizuelaRCD / Corpo Técnico
Roque Olsen (adestrador)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Pampols, Padrón e Benegas (fichado en abril).
DEFENSAS: Domínguez, Pegaso, Aurre, Manín, Carlos, Nelli, Lariño e Rifé.
CENTROCAMPISTAS: Escolà, Crispi, Loureda, Tucho de la Torre e Bellón.
DIANTEIROS: Montalvo, Veloso, Lamelo, Rafa, Larraz, Jaime Blanco e Terrén.