Cadros Históricos
















































































Temporada 1962-1963

O retorno á elite despois dun lustro de ausencia foi efémero. O Deportivo acusou a marcha de Amancio, traspasado ao Real Madrid, e foi incapaz de manter a categoría, que perdeu nunha eliminatoria de promoción fronte ao Levante, a pesar de reforzarse a conciencia coas cesións dos "merengues" Betancort e Antonio Ruiz ou coa súa primeira fichaxe millonaria, Miguel, fichado ao Cádiz a cambio de 1.100.000 pesetas. Os branquiazuis camiñaron case todo o curso sobre a corda frouxa, entre o 12º posto e a cola da clasificación. Un fantástico arreón final, con 4 vitorias nas últimas 4 xornadas (2-1 ao Oviedo, 1-3 en San Mamés, 0-1 en Mestalla e 2-1 ao Betis) serviu para evitar o descenso directo. O Levante, subcampión do Grupo Sur de Segunda División tras o Murcia, era o rival. Antes tamén o foi na Copa, nunha eliminatoria que se decidiu a favor dos "granotas" no partido de desempate, en Bilbao (1-3). Tras o trompazo copeiro, chegou a decisiva promoción, que se definiu desde un punto máis fatídico que nunca. Veloso marrou un penalti no partido de ida en Riazor (1-2) e Montalvo repetiu erro na volta, en Vallejo (2-1).
Liga (Primeira División) 14º con 25 puntos (11 v, 3 e, 16 d, 33 gf, 48 gc); Promoción perdida ante o Levante (1-2 en Riazor, 2-1 en Vallejo)
Copa do Xeneralísimo Dezaseisavos de final (eliminado polo Levante)
RCD / Presidente
Jesús Cebrián BrizuelaRCD / Corpo Técnico
Enrique Rabassa (adestrador) Ata novembro
Rodrigo García Vizoso (adestrador) Ata xaneiro
Rogelio Santiago "Lelé" (adestrador)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Betancort, Padrón e Pampols.
DEFENSAS: Domínguez, Miche, Aurre, Pegaso, Rifé, Manín, Lariño e Carlos.
CENTROCAMPISTAS: Ruiz, Bellón, Escolà, Sanjuán e José Antonio.
DIANTEIROS: Veloso, Montalvo, Jaime Blanco, Miguel, Loureda, Larraz (fichado en novembro), Sornichero, Fernando Mendonça e Vives.