Cadros Históricos
















































































Temporada 1979-1980

O Dépor sufriu o segundo descenso ao terceiro chanzo do fútbol español en pouco máis dun lustro. Foi unha temporada estraña, que se complicou debido ao pouco acerto dos branquiazuis lonxe de Riazor, onde só conseguiron 2 triunfos e 3 empates. En casa, o equipo funcionou ben (13 vitorias, 2 empates e 4 derrotas), mais un moi mal comezo de campionato (6 puntos nas primeiras 10 xornadas) metérono de cheo na zona baixa da táboa. Após a 30ª xornada, co equipo instalado na zona de descenso, a directiva destituíu a García Verdugo. Chegou Joseíto e o Deportivo saíu do pozo a base de "media inglesa" (vitoria en casa e empate fóra) nos seus primeiros cinco encontros ao mando. Dúas derrotas consecutivas, a última en casa na penúltima xornada cun gol do Levante no minuto 87, devolveron os branquiazuis á "zona vermella". No encontro definitivo, Racing de Santander e Palencia lograron os empates que necesitaban, facendo estéril o triunfo coruñés en Xetafe.
Liga (Segunda División) 18º con 35 puntos (15 v, 5 e, 18 d, 49 gf, 50 gc)
Copa do Rei 2ª rolda previa (elimina ao Atlético Riveira, eliminado polo Racing de Ferrol)
RCD / Presidente
Antonio Álvarez RodríguezRCD / Corpo Técnico
Francisco Javier García Verdugo (adestrador) Ata abril
José Iglesias "Joseíto" (adestrador), Antonio Barbeito (médico), Félix Juane (ATS) e Antonio Carrera (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: Buyo, Jorge e Oregui.
DEFENSAS: Gallego, Pardo II, Piris, Richard, Moratalla, Pardo, Varela Calviño, Castillo, Rego Rey, Pardo e Ballesta.
CENTROCAMPISTAS: Serafín, Piña, Pancho García, José Luis, Albino e Doforno.
DIANTEIROS: Alfonso Castro, Traba, Pousada, Bartolotta, Roberto Taibo, Cantudo, Solé, Alberto, Galán e Miguel.