Cadros Históricos
















































































Temporada 1974-1975

O castigo de xogar en Terceira por primeira vez na súa historia durou pouco, só unha temporada, mais ao mesmo tempo fíxose eterno. Á facilidade coa que despachaba rivais aquel Deportivo opúxose o Ensidesa, capaz de aguantar o pulso aos branquiazuis até a penúltima xornada. Só ascendía directamente o primeiro clasificado e o segundo debía disputar unha eliminatoria a ida e volta contra un dos últimos clasificados de Segunda. Así que, a pesar dos case inmellorables resultados, houbo que sufrir até o final. O Dépor foi practicamente intratable en Riazor, onde acumulou 18 triunfos e 1 empate. Só a Ximnástica de Torrelavega pescou na Coruña. Alfonso Castro (21 goles) e o chileno Muñoz (16) foron os estiletes dun equipo que se viu obrigado a disputar unha Liga máis local que nunca, nun grupo formado unicamente por conxuntos galegos, asturianos, cántabros e vascos, máis o Palencia.
Liga (Terceira División) 1º con 56 puntos (24 v, 8 e, 6 d, 69 gf, 25 gc)
Copa do Xeneralísimo 3ª rolda previa (elimina a Gran Peña e Pontevedra, eliminado polo Ourense)
RCD / Presidente
Antonio Álvarez RodríguezRCD / Corpo Técnico
José Antonio Irulegui (adestrador), Carlos Torres (segundo adestrador), Rafael Hervada (médico) e Antonio Carrera (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: Seoane e Canedo.
DEFENSAS: Canario, Piña, Pardo, Luis, Richard, Canosa, Belló, Ballesta e Zurdo.
CENTROCAMPISTAS: Guillermo Muñoz, Juan Carlos, Pepe Vales, Rivas, Cobas, Castillo e Plaza.
DIANTEIROS: Alfonso Castro, Piño, Rabadeira, Seijas e Villar.