Cadros Históricos
















































































Temporada 1977-1978

Alfonso Castro foi o nome propio dunha temporada con dúas caras ben distintas. A primeira metade de campionato foi un suplicio para o Deportivo, que non gañou até a 8ª xornada, que na 15ª iniciou unha serie de 8 encontros sen coñecer a vitoria e que se plantou na 22ª xornada en posicións de descenso. Un triunfo ante o Málaga en Riazor foi o punto de inflexión. Aquel 2-0 foi o primeiro éxito de catro consecutivos, que levaron os branquiazuis á 10ª posición. Desde aquela vitoria contra os andaluces e até o final do campionato, o Deportivo sumou 9 triunfos, 4 empates e só 3 derrotas, que lle valeron para non volver estar a tiro de pedra da zona de descenso. No apartado individual, un nome por encima de todos, o de Alfonso Castro. O dianteiro ferrolán proclamouse máximo goleador da categoría con 24 goles, nun curso no que anotou dous tripletes (en Sabadell e ao Córdoba no 6-1 da última xornada en Riazor) e mesmo un póker fronte ao Murcia.
Liga (Segunda División) 8º con 39 puntos (13 v, 13 e, 12 d, 63 gf, 47 gc)
Copa do Rei 3ª rolda previa (elimina a Ensidesa e Plasencia, eliminado polo Espanyol)
RCD / Presidente
Antonio Álvarez RodríguezRCD / Corpo Técnico
Juan Arza (adestrador), José Manuel Sertucha (segundo adestrador), Antonio Barbeito (médico) e Antonio Carrera (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: Buyo, Jorge e Oregui.
DEFENSAS: Gallego, Piris, Pardo, Piña, Richard, Ballesta, Rodri e Vituco.
CENTROCAMPISTAS: Pancho García, Núñez, Trona, Albino, Canario e Ito.
DIANTEIROS: Cantudo, Alfonso Castro, Pousada, Miguel, Paco, Rabadeira e Guillermo Muñoz.