Cadros Históricos
















































































Temporada 1960-1961

Un mal arranque condicionou as opcións do Deportivo de lograr o ascenso, nunha temporada na que o salto de categoría estivo máis competido que nunca. Un imparable Osasuna (46 puntos e 83 goles en 30 partidos) levou o gato á auga ante Celta, Deportivo, Pontevedra, Sabadell ou Sporting de Gijón. Os herculinos perderon 3 dos seus 5 primeiros partidos, o que os afastou a 7 puntos do ascenso directo ao primeiro de vez. A reacción foi digna de eloxio, con 7 vitorias e 3 empates nos seguintes 10 encontros. Unha derrota en Riazor ante o Basconia (0-1) deu inicio a unha mala segunda volta, que dilapidou todas as opcións deportivistas. O equipo herculino gañou 7 partidos, empatou 2 e perdeu 6. As dúas derrotas nas dúas últimas xornadas relegárono á terceira praza, sen o premio de seguir pelexando polo ascenso na promoción. Quen si triunfou foi Veloso, que se converteu no primeiro xogador en gañar o título de máximo goleador dunha competición nacional vestindo a camiseta branquiazul. O dianteiro compostelán anotou 26 tantos (só 1 de penalti) nos 24 choques que disputou.
Liga (Segunda División Grupo Norte) 3º con 36 puntos (15 v, 6 e, 9 d, 68 gf, 47 gc)
Copa do Xeneralísimo Dezaseisavos de final (elimina ao Levante, eliminado polo Zaragoza)
RCD / Presidente
Jesús Cebrián BrizuelaRCD / Corpo Técnico
Jesús Barrio (adestrador)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Rafa, Emery e Moncho.
DEFENSAS: Manín, Domínguez, Collar, Ponte, Guillermo, Zamora, Sánchez e Sobrín.
CENTROCAMPISTAS: Rabadán, Luisín, Valentín Sanjuán, Mella e Torres-Pardo.
DIANTEIROS: Amancio, Jaime Blanco, Veloso, Díaz, Lamelo, Martín, Antonio e Aneiros.