Cadros Históricos
















































































Temporada 1976-1977

Até catro adestradores pasaron polo banco deportivista nunha campaña na que a permanencia se converteu nunha auténtica obsesión. Ao Deportivo custoulle un mundo ver porta (concluíu con 40 goles en 38 xornadas), o que influíu decisivamente nunha grande perda de puntos en Riazor, onde aínda que só foi derrotado nun encontro deixou escapar nada menos que 9 empates. A base de penaltis, un defensa, Juan Carlos Piris, foi o máximo goleador do equipo con 7 goles, 4 desde o punto fatídico. Aínda que non chegou a pisar a zona de descenso, o Dépor tívoa a un só punto entre as xornadas 30 e 32. Coa chegada de Juanito Arza á dirección técnica, o equipo mellorou as súas prestacións (gañou os seus 3 partidos en casa e sacou 2 empates a domicilio) e afastouse do perigo, para salvarse matematicamente tras gañar ao Levante na penúltima xornada e concluír na 11ª posición, 2 puntos por encima do primeiro descendido.
Liga (Segunda División) 11º con 36 puntos (11 v, 14 e, 13 d, 40 gf, 50 gc)
Copa do Rei 3ª rolda previa (elimina a Guadalajara e Lugo, eliminado polo Betis)
RCD / Presidente
Antonio Álvarez RodríguezRCD / Corpo Técnico
Héctor Rial (adestrador) Ata decembro
José María Martín "Cheché" (adestrador) Ata marzo
José López (adestrador) Ata abril
Juan Arza (adestrador), José Manuel Sertucha (segundo adestrador), Antonio Barbeito (médico) e Antonio Carrera (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: Buyo, Andrés e Canedo.
DEFENSAS: Piris, Pardo, Richard, Gallego, Ballesta, Vituco, Piña e Belló.
CENTROCAMPISTAS: Pancho García, Albino, Núñez, García Castro e Canario.
DIANTEIROS: Pousada, Rabadeira, Piño, Pepe Vales, Merlo, Alfonso Castro, Traba, Miguel e Guillermo Muñoz.