RCD / Noticias por Etiquetas
RCD / Noticias por Etiquetas: adrian

12/07/2007 23:10 |

O deportivista Adrián marcha terceiro na votación da páxina web da FIFA

O dianteiro deportivista e da Selección Española Adrián López marcha terceiro na votación que a FIFA abriu na súa páxina web co obxecto de elixir ao mellor xogador do Campionato do Mundo Sub-20. Ata o momento, só superan a Adrián o mexicano do Barcelona Giovanni, co 24% dos votos, e o norteamericano Adu, co 23,43%. Adrián, pichichi do torneo con cinco dianas por diante do colchoneiro Agüero, suma o 12,13%.

12/07/2007 12:25 |

España elimina a Brasil do Mundial Sub-20 con Barragán e Adrián de Titulares

A Selección española gañou na prórroga (4-2) e eliminou esta madrugada a unha das favoritas, Brasil, para alzarse co título do Campionato do Mundo Sub-20 que se xoga en Canadá. Os dous deportivistas, Barragán e Adrián, foron titulares. Ademais, o dianteiro asturiano anotou o cuarto tanto español e suma xa cinco na súa conta, co que aspira a lograr o pichichi do Mundial.

10/06/2007 20:58 |

O Deportivo adestrarase mañá luns e descansará o martes

O Deportivo adestrarase mañá luns ás 10.30 no Mundo do Fútbol e terá día de descanso o martes. A partir de mañá, Barragán e Adrián gozarán duns días de permiso antes de incorporarse aos adestramentos da Selección Española Sub-20 que participará o próximo mes de xullo no Campionato do Mundo.

07/06/2007 16:38 |

Adrián: Quero triunfar no Deportivo

Ver rolda de prensa de Adrián Adrián compareceu esta mañá na sala de prensa do Mundo do Fútbol. O dianteiro asturiano confirmou o seu desexo de "quedarme aquí no Deportivo. Quédanme moitos anos de contrato, estou moi contento e quero triunfar aquí". O ariete deportivista foi un dos destacados da Selección Española Sub-19 no último Mini Torneo Elite, onde anotou dous goles. Define o seu ano no Deportivo como "marabilloso" e asegurou levar "con toda tranquilidade" o marcar un golazo no Camp Nou e, á xornada seguinte, ver o partido desde a bancada. "Son cousas do fútbol", engade.

25/05/2007 11:49 |

Coloccini volve á Selección Arxentina para un amigable en Suíza

O central deportivista Fabricio Coloccini foi citado pola Selección de Arxentina para disputar, o vindeiro sábado 2 de xuño en Basilea, un amigable ante Suíza. Por conseguinte, Coloccini únese a Andrade, Estoyanoff, Aouate, De Guzman, Bodipo e Adrián, con compromisos internacionais; ademais da preconvocatoria de Barragán e Fabricio para o Campionato do Mundo Sub-20.

23/05/2007 21:36 |

Dudú Aouate, citado para dous partidos oficiais de Israel ante Macedonia e Andorra

Dudú Aouate, o porteiro menos batido do ano 2007 na Primeira División, foi citado pola súa Selección Nacional, Israel, para participar en dous partidos oficiais clasificatorios para a Eurocopa 2008, o 2 de xuño ante Macedonia e o día 6 dese mes ante Andorra. Ademais de Aouate foron convocados Andrade con Portugal, para medirse a Bélxica en partido oficial e Kuwait nun choque amigable; Estoyanoff para enfrontarse con Uruguai a Australia o 2 de xuño nun partido de preparación da Copa América; De Guzman para xogar con Canadá a Golden Cup en Miami(Estados Unidos) ante Costa Rica (6 de xuño), Guadalupe (9 de xuño) e Haití (11 de xuño); e Bodipo para dous choques oficiais valedoiros para a Copa de África Ghana 2008 ante Ruanda en Kigali (2 de xuño) e fronte a Liberia en Monrovia o 17 de xuño.

21/05/2007 13:32 |

Adrián concéntrase mañá coa Selección Española Sub-19

O dianteiro deportivista Adrián concéntrase este martes na Cidade do Fútbol en Las Rozas (Madrid) coa Selección Española Sub-19, para comezar a preparar o Campionato de Europa da categoría, Minitorneo de elite, do 29 de maio ao 5 de xuño. Os rivais dos españois serán Acerbaixán, Islandia e Noruega, a anfitrioa posto que o torneo dispútase na localidade de Gralum.

09/05/2007 11:22 |

Adrián, citado para uns adestramentos coa Selección Española Sub-19

Adrián foi convocado para participar do próximo 14 ao 16 de maio nuns adestramentos da Selección Española Sub-19, na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid). O mozo dianteiro asturiano non puido estar hoxe mércores a disposición de Joaquín Caparrós para xogar en Sevilla debido ao falecemento do seu avó na súa terra natal, Asturias.

21/04/2007 13:01 |

O vestiario, agradecido polo comportamento do deportivismo esta tempada

O vestiario do Deportivo mostrouse hoxe "agradecido" polo comportamento do deportivismo no que vai de tempada. Joaquín Caparrós, despois de afirmar que mañá ante Osasuna "necesitámonos todos", asegurou que sente "moi arroupado polos afeccionados, os futbolistas e o Consello de Administración do Club". Da mesma opinión foron Verdú e Adrián. "A afección pórtase moi ben connosco. Non nos pairan de animar", comentou o centrocampista catalán Joan Verdú. En canto ao que resta de tempada, Joaquín Caparrós nomeou a palabra Europa na rolda de prensa que deu tras o adestramento. Se Sevilla e Barcelona pasan á final de Copa do Rei, unha praza de UEFA sería adxudicada ao sétimo clasificado na liga. "Se mañá logramos o tres puntos podemos meternos aí na loita con tres ou catro equipos", manifestou Caparrós.

12/04/2007 19:38 |

A Federación libera a Adrián e a Barragán de concentrarse coa Selección Española

O Real Club Deportivo obtivo o permiso da Federación Española de Fútbol para liberar a Adrián, convocado para a Selección Española Sub-20, e a Barragán, citado pola Sub-21, de acudir a próxima semana, do luns 16 ao mércores 18 de abril, a unha concentración na Cidade do Fútbol. Ambos os futbolistas, citados no seu día por ambos os seleccionadores para esta mini concentración, están a ser utilizados con regularidade por Joaquín Caparrós, que poderá traballar con Adrián e Barragán de face á preparación do partido de ida de semifinais da Copa do Rei do xoves 19 ás 21.00 horas en Riazor.

24/03/2007 13:05 |

Adrián: Gañar no Camp Nou sería un golpe de moral

Adrián está convencido de que gañar no Camp Nou o sábado suporía sumar máis que tres puntos. Sería "un golpe de moral tremendo", apunta o mozo dianteiro asturiano, que aínda non se ve xogando no estadio azulgrana: "De momento adestro para estar na convocatoria".

01/09/2006 20:53 |

Adrián realizou o seu primeiro adestramento no ximnasio da Cidade Deportiva do Mundo do Fútbol

Adrián López, o dianteiro asturiano incorporado nas últimas horas ao Deportivo, coñeceu esta tarde as que serán as súas novas instalacións e aos seus novos compañeiros. Confesou na súa primeira rolda de prensa como futbolista branquiazul que para el "isto é como un soño". Prefire non definirse como xogador,"que opinen os que me vexan", xulga, e xa manifestou que intercambiou as súas primeiras impresións con Joaquín Caparrós.

109-123 de 123
Tags máis utilizados