RCD / Noticias por Etiquetas
RCD / Noticias por Etiquetas: andrade

18/08/2004 20:31 |

Andrade, preseleccionado para dous partidos de Portugal

O central deportivista Jorge Andrade foi preseleccionado polo técnico Luiz Felipe Scolari para dous partidos clasificatorios para a Copa do Mundo de Alemaña 2006, o Lituania-Portugal o vindeiro sábado 4 de setembro en Riga (20:15 horas) e o Portugal-Estonia, o 8 de setembro ás 21:15 (hora portuguesa) en Leiría.

29/07/2004 19:22 |

Jorge Andrade candidato ao mellor defensa do fútbol europeo

O central deportivista Jorge Andrade foi elixido pola UEFA candidato ao MELLOR DEFENSA do fútbol europeo na tempada 2003-04. A elección final será na Gala do Fútbol da UEFA, que terá lugar no Sporting Club Monte Carlo de Monaco, o próximo 26 de agosto, un día antes da celebración da Supercopa de Europa entre a Valencia e o O Porto.

04/02/2004 12:20 |

Andrade, na lista de pre convocados de Portugal

O central deportivista Jorge Andrade entrou na lista de pre-convocados polo seleccionador portugués, Luiz Felipe Scolari, para o amigable que disputará a selección anfitrioa da próxima Eurocopa no Estadio de Faro (21:15 horas) ante Inglaterra, o próximo 18 de febreiro.

12/01/2004 13:39 |

Andrade e Valerón fan autocrítica

Jorge Andrade e Juan Carlos Valerón compareceron esta mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol". O central portugués fixo exercicio de autocrítica respecto ao empate de onte domingo ante o Real Racing Club en Riazor: "Está claro que temos que mellorar certos aspectos. Se non somos capaces de marcar máis dun gol, temos que tratar de que non nos metan. E para iso hai que estar concentrados en defensa", razoou o central portugués. Tamén Valerón cre que onte o Dépor non fixo un bo partido e opina que na xogada do gol cántabro, "colléronnos un pouco descolocados".

20/07/2002 19:00 |

Andrade, presentado polo Deportivo

Jorge Andrade foi presentado esta tarde como novo xogador do Deportivo para o próximos sete anos. O defensa luso mostrouse ilusionado coa súa nova etapa como branquiazul "xa que me falaron moi ben do Club e da cidade" e afirmou que o gran persoal do equipo herculino ía facer difícil o conseguir un posto. O presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, deulle a benvida e desexoulle moita sorte.

19/07/2002 13:27 |

Perfil de Andrade

O xornalista Xermano Almeida, do diario luso Maisfutebol, define a Jorge Andrade como o mellor central portugués e como o futuro sucesor de Couto na selección lusa. O diario non escatima eloxios ao xogador, ao que cualifica de rápido e gran profesional.

28-38 de 38
Tags máis utilizados