RCD / Noticias por Etiquetas
RCD / Noticias por Etiquetas: capdevila

08/06/2007 14:11 |

Aouate e Capdevila incorporáronse aos adestramentos

Os internacionais Aouate e Joan Capdevila foron os últimos internacionais en incorporarse aos adestramentos do Deportivo. Falta unicamente De Guzman, concentrado con Canadá na Golden Cup que se disputa en Miami, e na que sobresaíu como goleador, ao anotar dúas dianas fronte a unha selección mundialista como o foi Costa Rica.

25/05/2007 20:00 |

Capdevila entra na lista de Aragonés

Joan Capdevila converteuse nun dos homes fixos para Luís Aragonés. O lateral deportivista entrou na convocatoria para os partidos clasificatorios para a Eurocopa 2008 ante Letonia (sábado 2 de xuño) e ante Liechtenstein (mércores 6 de xuño). Curiosamente, Lopo, cuxa solicitude de internacionalidad reclama cada vez máis xente, é o único integrante da parte defensiva do equipo máis utilizada ao longo da tempada por Caparrós que non está citado para a súa Selección. Si o está a meta Aouate (Israel), e os defensas Coloccini (Arxentina), Andrade (Portugal) e Capdevila (España). A maiores, para este mes de xuño recibiron convocatorias internacionais Estoyanoff (Uruguai), De Guzman (Canadá), Adrián (Selección Española Sub-19) e Bodipo (Guinea Ecuatorial). Pola súa banda, Barragán e Fabricio están na preconvocatoria para disputar o Campionato do Mundo Sub-20.

13/03/2007 16:52 |

Capdevila pide aparcar o seu futuro ata o 30 de xuño

Joan Capdevila compareceu esta mañá ante os medios informativos no Mundo do Fútbol. O lateral catalán pediu aparcar o seu futuro ata o 30 de xuño. "Estamos a xogarnos moitas cousas na liga, que non estamos sobrado de puntos e na Copa do Rei, moi ilusionante para nós". Cre o internacional deportivista que os rumores sobre a súa situación e o seu futuro "pódenme prexudicar. E xa tiven un erro o pasado domingo no Vicente Calderón". Xa podes ver e oir ao futbolista do Dépor en canaldeportivo.tv

30/09/2005 13:27 |

Capdevila, único deportivista na lista de Aragonés

Joan Capdevila é o único deportivista na lista que hoxe ofreceu o seleccionador español, Luís Aragonés, de face ao dobre compromiso de España en Bélxica o día 8 e ante San Mariño o 12 de outubro. "Foi unha alegría inmensa volver á Selección despois de case un ano", declarou Capdevila esta mañá na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol', ao acabar o adestramento do Deportivo e despois de coñecer a noticia da súa convocatoria. O deportivista asegurou que "a selección irá gañar a Bélxica para estar no Mundial de Alemaña, aínda que non dependemos de nós mesmos". Capdevila tamén afirmou que o Deportivo "puido ter perfectamente seis xogadores convocados como os ten a Valencia, porque somos dous equipos moi similares".

04/10/2004 13:30 |

Luque e Capdevila, convocados por Aragonés

Os deportivistas Luque e Capdevila foron convocados esta mañá polo seleccionador español, Luís Aragonés, para os dous próximos compromisos de España, o primeiro deles ante Bélxica o vindeiro sábado. Os dous futbolistas incorporaranse esta tarde á concentración da selección española.

08/09/2004 20:40 |

Capdevila, tamén cunha Pena

O deportivista Joan Capdevila únese ao nutrido grupo de xogadores que dan nome a unha pena branquiazul. Así, o venres ás 21:00 horas, na cafetaría Rompeolas do paseo marítimo coruñés, terá lugar a inauguración desta agrupación.

03/10/2002 12:44 |

Tristán e Capdevila, na lista de Sáez

Os deportivistas Diego Tristán e Joan Capdevila están na lista de convocados que o seleccionador nacional, Iñaki Sáez, deu a coñecer para os próximos partidos ante Irlanda do Norte e Paraguai. Joan Capdevila mostrouse moi contento "aínda que o realmente importante é o traballo día a día co Club". O xogador manifestou "si parece que Sáez fai unha apueta polos mozos e espero non defraudar" .

14/07/2000 17:39 |

Capdevila na Coruña

Joan Capdevila visitou hoxe a cidade herculina acompañado da súa familia e o seu representante. O acordo do xogador co club branquiazul é case total, salvo -en palabras do presidente deportivista- uns detalles pendentes do xogador co Atlético de Madrid.

1-18 de 18
Tags máis utilizados
BORGESGUARDADOVALERÓNÁLEXMANUEL PABLOLOTINARIKIFERNANDO VAZQUEZANDONEVÍCTOR SDAJUAN DOMÍNGUEZLOPOADRIÁNMANUEL PABLOZÉ CASTROLAUREARANZUBIALUCAS PÉREZLUISINHOFAYÇALPOROTO LUXFILIPEJUANFRANPEDRO MOSQUERASCHÄROLTRALASSADTINO FERNÁNDEZBODIPOVICTOR FERNÁNDEZBRUNO GAMANATXO GONZÁLEZXISCOSERGIOBÓVEDAGAIZKA GARITANOSIDNEICOLOCCINIPEPE MELFEDE VALVERDEDANI GIMÉNEZBORJA VALLEMEDUNJANINCAVALEIROLAFITAPABLO ÁLVAREZEMRE ÇOLAKINSUADE GUZMANAYTHAMIDUDU AOUATEMARCHENAABEL AGUILARFABRICARTABIAALBENTOSASALOMÃOANDRADEARRIBASBARRAGANKROHN-DEHLIMOLLEJOCARLES GILPANTILIMONJUAN RODRÍGUEZLENDOIROCRISTÓBALMAURO SILVAOMAR BRAVOQUIQUE GONZÁLEZTOCHÉRUBÉN PÉREZJOAQUÍN CAPARRÓSRUBÉN DE LA BARRERASEEDORFJUCAFERNANDO NAVARROPIZZIA. TOMÁSLUQUECOLOTTOTYTOŃORIOL RIERAMOLINAAYOZENELSON OLIVEIRAVERDÚKAKUTAPABLO AMOCARLOS FERNÁNDEZSCALONIDAVID SIMÓNANQUELAARIZMENDIMARTÍLUIS CÉSARMARLOS MORENOGAKU SHIBASAKILUIS ALBERTOMORELSALVA RUIZBORJAVICENTE GÓMEZLUIS FARIÑAJUAN CARLOSJESUS VAZQUEZEstrella GaliciaMUNÚACÉSARCHRISTIAN SANTOSEDU EXPÓSITOHÉLDER POSTIGATABORDATRISTÁNMISTAJOSÉ RODRÍGUEZPABLO MARÍJOSELUNAYBETCRISTIANBORJA JIMÉNEZCAPDEVILAPERU NOLASKOAINJAVI MONTEROWILHELMSSONBORJA GALÁNGUILHERMECANIJONATHAN RODRÍGUEZMICHELE SOMMAARIZMENDIROMEROMÍCHELMIKUBAKKALISEOANEKEKORUDYLUISSILVIODUSCHERMUNITISSAÚLCUENCALAMPROPOULOSWILKHÉCTOR HERNÁNDEZRUBÉNKAKÁIRURETAANGULOHÉCTORPANDIANIESTOYANOFFPEDRO SÁNCHEZDIEGO CABALLONÚÑEZIAGOCULIOMAMADOU KONÉADRIÁN LÓPEZ (PISCU)CAMUÑASSAÚL GARCÍARUBÉN MARTÍNEZAGER AKETXE