RCD / Noticias por Etiquetas
RCD / Noticias por Etiquetas: dudu-aouate

12/07/2007 23:20 |

Aouate e Valerón entregan este venres os diplomas da primeira quenda do Campus de Fútbol

Os futbolistas do Deportivo Aouate e Valerón serán os encargados mañá venres ás 13.00 horas no campo de herba sintética do Mundo do Fútbol de entregar os diplomas aos 62 nenos inscritos na primeira quenda, que finaliza precisamente o venres. O luns 16 de xullo comeza a segunda quenda, con máis de medio centenar de participantes. O itinerario do autocar que recollerá e traerá aos nenos desde A Coruña a Abegondo e viceversa é o seguinte:

08/06/2007 14:11 |

Aouate e Capdevila incorporáronse aos adestramentos

Os internacionais Aouate e Joan Capdevila foron os últimos internacionais en incorporarse aos adestramentos do Deportivo. Falta unicamente De Guzman, concentrado con Canadá na Golden Cup que se disputa en Miami, e na que sobresaíu como goleador, ao anotar dúas dianas fronte a unha selección mundialista como o foi Costa Rica.

25/05/2007 11:49 |

Coloccini volve á Selección Arxentina para un amigable en Suíza

O central deportivista Fabricio Coloccini foi citado pola Selección de Arxentina para disputar, o vindeiro sábado 2 de xuño en Basilea, un amigable ante Suíza. Por conseguinte, Coloccini únese a Andrade, Estoyanoff, Aouate, De Guzman, Bodipo e Adrián, con compromisos internacionais; ademais da preconvocatoria de Barragán e Fabricio para o Campionato do Mundo Sub-20.

23/05/2007 21:36 |

Dudú Aouate, citado para dous partidos oficiais de Israel ante Macedonia e Andorra

Dudú Aouate, o porteiro menos batido do ano 2007 na Primeira División, foi citado pola súa Selección Nacional, Israel, para participar en dous partidos oficiais clasificatorios para a Eurocopa 2008, o 2 de xuño ante Macedonia e o día 6 dese mes ante Andorra. Ademais de Aouate foron convocados Andrade con Portugal, para medirse a Bélxica en partido oficial e Kuwait nun choque amigable; Estoyanoff para enfrontarse con Uruguai a Australia o 2 de xuño nun partido de preparación da Copa América; De Guzman para xogar con Canadá a Golden Cup en Miami(Estados Unidos) ante Costa Rica (6 de xuño), Guadalupe (9 de xuño) e Haití (11 de xuño); e Bodipo para dous choques oficiais valedoiros para a Copa de África Ghana 2008 ante Ruanda en Kigali (2 de xuño) e fronte a Liberia en Monrovia o 17 de xuño.

12/05/2007 14:10 |

Caparrós: O Athletic vainos a presionar moito

Joaquín Caparrós compareceu en rolda de prensa esta mañá en Riazor. O técnico deportivista cre que o Athletic Club "vainos a presionar moito. É un equipo que domina moito o xogo aéreo e sobre todo as prolongacións, as segundas xogadas".

25/04/2007 17:01 |

Aoute: Quérome retirar no Deportivo

Vídeo de Aouate en AbegondoSi Joaquín Caparrós quere compromiso, teno. Futbolistas como Filipe, Coloccini ou hoxe mesmo Dudu Aouate teñen claro que se queren quedar no Deportivo. "Teño tres anos máis de contrato e quérome retirar aquí", asegurou o internacional israelí en rolda de prensa. Convencido de que o Manchester non virá ficharlle, "estou cansado de mudanzas. Teño muller e dúas fillas. Vívese moi ben na Coruña e quero quedarme", advirte o Zamora da liga no ano 2007.

15/03/2007 20:50 |

Aouate: Estamos moi contentos coa afección. Sempre estivo connosco

O internacional israelí Dudú Aouate compareceu esta mañá ante os medios informativos no Mundo do Fútbol. Mostrouse "satisfeito" co partido do Dépor no Vicente Calderón, "sobre todo a partir do corenta segundos en que nos marcaron o gol e no segundo tempo. A afección deles estáballes comezando a pitar" e recoñece que está "moi contento coa nosa afección. No refacho malo que tivemos sempre estiveron connosco". Asiste á rolda de prensa de Aouate en canaldeportivo.tv

09/03/2007 19:51 |

O Club recibe as convocatorias internacionais de Aouate, De Guzmán e Bodipo

Ademais de Jorge Andrade, con Portugal, e Estoyanoff con Uruguai, o Club recibiu as convocatorias oficiais de Aouate e De Guzmán. O porteiro israelí medirase o vindeiro sábado 24 de marzo a Inglaterra e o mércores 28 de marzo a Estonia, en partidos clasificatorios para a Eurocopa 2008. De Guzmán disputarán un partido amigable ante Bermuda, o domingo 25 de marzo. Guinea Ecuatorial tamén citou a Bodipo, aínda que de momento o dianteiro deportivista, que acaba de pasar unha revisión rutineira do seu xeonllo lesionado, non poderá incorporarse ao equipo do seu país.

20/02/2007 11:40 |

Aouate, Zamora do ano 2007, ten bos mestres: Acuña, Liaño e Songo`ou

O Deportivo de 2007 segue sendo o equipo máis sólido da liga. Outra vez, e xa van tres partidos consecutivos, Mallorca, Vilarreal e Levante, o conxunto que dirixe Joaquín Caparrós mantivo a cero a súa portaría. Dudú Aouate só encaixou dous tantos desde o 7 de xaneiro: en Huelva e en Zaragoza, este de penalti. Abbondanzieri, do Xetafe, é o segundo neste particular ranking do ano novo, con cinco dianas sufridas nos mesmos partidos.

28-42 de 42
Tags máis utilizados