23/05/2007 13:05 |
Riki: Estou un pouco mellor e vou tentar xogar no Bernabéu
Ver rolda de prensa de Riki O madrileño Riki, un futbolista formado nas categorías inferiores do Real Madrid, foi o protagonista na sala de prensa do Mundo do Fútbol. Asegura que o Deportivo irá ao Santiago Bernabéu a "facer un bo partido e a tentar gañar o partido". Indicou que non lle afecta "en absoluto" poder quitarlle a liga ao Real Madrid, aínda que Riki veo como "o candidato máis firme".