RCD / Noticias por Etiquetas
RCD / Noticias por Etiquetas: valeron

12/01/2004 13:39 |

Andrade e Valerón fan autocrítica

Jorge Andrade e Juan Carlos Valerón compareceron esta mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol". O central portugués fixo exercicio de autocrítica respecto ao empate de onte domingo ante o Real Racing Club en Riazor: "Está claro que temos que mellorar certos aspectos. Se non somos capaces de marcar máis dun gol, temos que tratar de que non nos metan. E para iso hai que estar concentrados en defensa", razoou o central portugués. Tamén Valerón cre que onte o Dépor non fixo un bo partido e opina que na xogada do gol cántabro, "colléronnos un pouco descolocados".

02/01/2004 14:01 |

Valerón: Ao Celta, despois do sábado, deséxolle o mellor

Juan Carlos Valerón compareceu esta mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol" para falar do encontro de mañá sábado en Balaídos ante o R.C. Celta. Recoñece o canario que o club céltico "non está a facer a súa mellor tempada dos últimos anos, pero nestes partidos, a clasificación queda ao carón. Son puntos importantes para os dous equipos e por iso será un derbi como os demais". Valerón cre que o Dépor, para levar o tres puntos, ten que "xogar ben. Facer as cousas como sabemos" e opina que as urxencias do equipo céltico, necesitado de sumar puntos para saír da zona perigosa da clasificación, "poden pasarlle factura e iso inflúe durante o partido".

11/10/2003 21:50 |

Valerón marca para España

O deportivista Juan Carlos Valerón foi o encargado de anotar o primeiro gol do partido entre Armenia e España. Ademais, no segundo tempo Albert Luque saíu en substitución de Raúl. España venceu por 4 a 0.

20/05/2003 11:13 |

Valerón xa ten Pena

Juan Carlos Valerón únese ao amplo grupo de xogadores branquiazuis que teñen unha pena co seu nome. O vindeiro luns, día 26, terá lugar a inauguración da pena deportivista Valerón. Será ás 21 horas.

20/03/2003 13:18 |

César, Tristán e Valerón, convocados por Sáez

Os deportivistas César, Diego Tristán e Juan Carlos Valerón foron convocados por Iñaki Sáez para os partidos da fase de clasificación para a Eurocopa 2004 ante Ucraína e Armenia que España disputará a próxima semana. Valerón regresa a unha convocatoria tras a súa lesión.

14/02/2003 13:59 |

Valerón: Tentarei facelo o mellor posible

Juan Carlos Valerón regresa ás convocatorias. Xa recuperado, está contento por volver ao grupo "é evidente que aínda non estou ao 100%, pero levo toda esta semana e parte da pasada adestrando co equipo, agora é cuestión de ir mellorando con adestramentos e partidos".

16/12/2002 12:27 |

Valerón e Tristán reciben hoxe senllos premios

O deportivista Juan Carlos Valerón recolle esta tarde ás 19 horas na última planta do Corte Inglés da Coruña o premio a "Os valores no Deporte" que outorga o Club Maristas da Coruña, por "o seu talante deportivo ao longo da súa carreira ou nun xesto ou acción digna de mención no termo da cidade da Coruña". Diego Tristán, pola súa banda, actual pichichi da liga, recibe en Madrid un trofeo que outorga a firma Peugeot e a cadea COPE. O xogador regresará esta mesma tarde á cidade herculina.

13/12/2002 10:22 |

Valerón confesa atoparse mellor do que esperaba

Juan Carlos Valerón volveu disputar un encontro oficial de titular desde a súa lesión de peroné. Foi nun escenario inmellorable, o Teatro dos Soños de Manchester. "Era un partido de moita tensión e forza", relata o internacional canario. Valerón confesou sentirse "moito mellor do que esperaba".

14/08/2002 14:34 |

Valerón, único deportivista na lista de Sáez

Juan Carlos Valerón é o único xogador do Deportivo presente na primeira lista de Iñaki Sáez como seleccionador nacional. Valerón mostrouse moi contento por estar entre os convocados para o amigable ante Hungría do próximo día 21. O xogador canario afirmou, ademais, "tentarei facelo o mellor posible".

24/07/2000 14:13 | ENTRADAS

Valerón presentado como deportivista

Juan Carlos Valerón foi presentado esta mañá como novo xogador deportivista nas oficinas do club sitas na Praza de Pontevedra. O xogador asinou por sete anos, cunha cláusula de rescisión é de 10.000 millóns.

23/07/2000 21:44 |

Valerón na Coruña

Juan Carlos Valerón chegou na tarde do domingo á cidade herculina acompañado polo seu irmán e representante Pedro Valerón para pechar a súa fichaxe polo Deportivo.

190-205 de 205
Tags máis utilizados