
Alejandro Bergantiños García
Deportivista de berce, non foi ata os 26 anos cando conseguiu facerse oco no primeiro conxunto branquiazul, tras xogar cedido en Xerez, Granada e Nàstic. Após un curso cedido no Sporting de Gijón, o mediocentro coruñés de gran sentido táctico e rigor defensivo regresou ao Dépor, co que acumula máis de 250 partidos oficiais.