RCD / NOTICIAS

A peña deportivista a Moa prepara xa unha viaxe a Soria para o Numancia-Dépor

A peña deportivista A Moa do Pindo (Carnota) organiza unha viaxe a Soria para animar o Deportivo no partido perante o Numancia, previsto para a fin de semana do 24 ou 25 de maio.

30/04/2014 10:56

A saída será o sábado 24 de maio e o regreso, o domingo 25 de maio. O prezo será de 100 euros para os peñistas e 115 euros para os acompañantes; e inclúe viaxe en autocar, hotel de catro estrelas (hotel Ciudad de Soria) en réxime de aloxamento e almorzo; e entrada ao partido.

A data tope para se inscribir é o próximo 11 de maio. Para iso, a peña A Moa habilitou os seguintes teléfonos: 655-920798 (Juanjo); 661-460824 (Fran); 635-488563 (Jota) e 607-608984 (Ángel Luis).