RCD / NOTICIAS

A peña deportivista Brigantium animará o Dépor en Soria

A Peña deportivista Brigantium organiza viaxe a Soria a fin de semana do 24 e 25 de maio para animar o Depor no partido contra o Numancia (pendente aínda de data e hora).

12/05/2014 21:40

A viaxe, que inclúe autocar, entrada ao partido e hotel, custa 65 euros para os socios da peña e 85 euros para o resto de afeccionados.
 
Os interesados poden chamar a este teléfono de contacto: 648-716666 (Javier).


Viaxes da peña Manuel Pablo e a peña A Moa

A peña deportivista Manuel Pablo e a peña A Moa do Pindo (Carnota) anunciaron tamén excursión ao campo de Los Pajaritos.

Así, a peña Manuel Pablo sae o sábado 24 de maio e regresa o domingo 25. A viaxe inclúe aloxamento en hotel de catro estrelas, deslocamento en autobús e entrada ao partido. O prezo é de 75 euros máis o custo da entrada (que polo momento se descoñece).

Os interesados en reservar poden chamar aos teléfonos: 617468916 o 647279915; poden contactar coa peña a través de facebook ou ben ao correo electrónico pdeportivistamanuelpablo@hotmail.com.

Por outra parte, a saída da peña A Moa tamén será o sábado 24 de maio e o regreso, o domingo 25 de maio. O prezo será de 100 euros para os peñistas e 115 euros para os acompañantes; e inclúe viaxe en autocar, hotel de catro estrelas (hotel Ciudad de Soria) en réxime de aloxamento e almorzo; e entrada ao partido.

Os interesados poden contactar nos seguintes teléfonos: 655-920798 (Juanjo); 661-460824 (Fran); 635-488563 (Jota) e 607-608984 (Ángel Luis).