RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
PORTADA

Albentosa, doído: ''Custa moito sacar os puntos e ves que se escapan por pequenos detalles''

Raúl Albentosa, ex futbolista do Málaga CF, próximo rival do Dépor este sábado 26 de novembro na Rosaleda (13.00 horas, Bein Sports), confesou hoxe en rolda de prensa en Abegondo que "estamos un pouco fodidos aínda polo resultado do último partido". "Custa moito sacar os puntos e ves que se che escapan por pequenos detalles e fódeche moitísimo a semana", acrecenta.

Prefiriu non falar de Mateu Lahoz, colexiado do partido do pasado sábado ante o Sevilla: "Agora non vou dicir nada máis do tema dos árbitros. Pase o que pase. Sexa para beneficio noso o prexudicial, non quero falar máis deste tema".

A pesar da lóxica decepción vivida en Riazor a pasada fin de semana, "cando chegue o próximo partido, do último xa non lembro nada. É un partido novo. Ao final non deixamos de ser profesionais disto e todo isto é fútbol. Hai que seguir adiante".

Ve os xogadores no vestuario deportivista "positivos. A xente está positiva. Eu persoalmente son máis alegre, estou de brincadeira... hoxe estaba un pouquiño menos de broma e a xente intentou animar os que estabamos un pouco tocados. Á xente véxoa motivada".

De Garitano, o central do Dépor subliña que "nos está transmitindo toda a tranquilidade do mundo, estanos dando mensaxes positivas, que é o que acho que nos ten que dar".

Voltar de novo á Rosaleda supón para Albentosa lembrar "quizás o ano que máis madurei no fútbol, o ano que máis situacións diferentes vivín. Ao final nisto do fútbol sempre se di que o que che vai quedar son os amigos que fixeches no camiño. Teño aí varios amigos que van ficar para toda a vida".

Ve o conxunto malagueño como un equipo que "sae sen medo aos campos. Dálles igual contra quen xoguen. As baixas que ten son baixas importantes mais os xogadores que están saíndo están cumprindo a grande nivel".

Neste sentido, opina que "a canteira que está facendo é unha moi boa canteira. O ano pasado gañaron a Copa de Campións de xuvenís e o filial estivo facendo play off de ascenso. Eu fun velos varios partidos e teñen moi bons xogadores de base".