RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
FABRIL

Alevín A e Victoria A abren mañá xoves a xornada da fin de semana na canteira

  Un partidazo mañá xoves en Abegondo (19.00 horas, campo de herba artificial) abrirá a xornada da fin de semana na canteira deportivista. O Alevín A e o Victoria A loitarán polo liderado do grupo A do Trofeo Conser

Xa o domingo, o Fabril visita o Ribadumia en plena pelexa pola cuarta praza, a última do play off de ascenso a Segunda División B. Prohibido fallar para non complicar esta posición.

En Abegondo toca ver nesta ocasión o Xuvenil A, Infantil A, Infantil B, todos eles o sábado. Para os dous primeiros encontros, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.
 
Todos os demais equipos (Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Alevín B e Benxamín B) xogan lonxe de Abegondo, tamén todos o sábado. O Benxamín A adiantou o seu partido ligueiro ante o Orillamar a este pasado luns. Houbo cómoda vitoria deportivista: 0-14.
 
O calendario de partidos é o seguinte:
 
Terceira División
 
RIBADUMIA - FABRIL, o domingo 20 de marzo ás 17.00 na Senra (Ribadumia)
Clasificación: 1. Boiro, 55 puntos; 2. Cerceda e Choco, 53 puntos; 4. Fabril e Racing Vilalbés, 45 puntos; 6. Rápido de Bouzas e Barco, 43 puntos...
 
Categoría Xuvenil
 
XUVENIL A - VAL MIÑOR, o sábado 19 de marzo ás 16.30 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Oviedo, 57 puntos; 2. Racing de Santander, 55 puntos; 3. Sporting de Gijón, 53 puntos; 4. Xuvenil A, 52 puntos; 5. Lugo, 48 puntos...
 
PABELLÓN B - XUVENIL B, o sábado 19 de marzo ás 11.00 nos Remedios (Ourense)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 57 puntos; 2. Choco e Areosa, 47 puntos...
 
Categoría Cadete
 
PABELLÓN - CADETE A, o sábado 19 de marzo ás 12.45 nos Remedios (Ourense)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 78 puntos; 2. Cadete A, 62 puntos; 3. Bertamiráns, 49 puntos...
 
SANTIAGO DE COMPOSTELA C - CADETE B, o sábado 19 de marzo ás 16.30 en Santa Isabel (Santiago)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B, 72 puntos; 2. Ural, 61 puntos...
 
Categoría Infantil
 
INFANTIL A - VIVEIRO, o sábado 19 de marzo ás 12.00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Lugo, 57 puntos; 2. Xuventude de Oroso (un partido menos) e Infantil A, 54 puntos; 4. Racing de Ferrol, 49 puntos...
 
INFANTIL B - ORILLAMAR, o sábado 19 de marzo ás 10.30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (xa campión), 70 puntos; 2. San Tirso, 52 puntos...
 
Categoría Alevín
 
ALEVÍN A - VICTORIA, mañá xoves 17 de marzo ás 19.00 en Abegondo
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once: 1. Alevín A, 21 puntos; 2. Victoria A, 19 puntos; 3. Ural A, 16 puntos...
 
CALVO SOTELO - ALEVÍN B, o sábado 19 de marzo ás 13.00 na Torre
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Alevín B, 27 puntos; 2. Victoria D e Obradoiro, 16 puntos...
 
Categoría Benxamín
 
Xogado o pasado luns: ORILLAMAR A 0 - BENXAMÍN A 14 (Samuel (4), Óscar (4), Adrián (2), Luis (2), Hugo e Dani)
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benxamín A (un partido máis), 58 puntos; 2. Ural A, 46 puntos...
 
SPORTING CAMBRE C - BENXAMÍN B, o sábado 19 de marzo ás 12.00 no campo Dani Mallo (Cambre)
Clasificación da Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benxamín B, 57 puntos; 2. Imperátor C, 47 puntos...