RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
FABRIL

Arranca o Benxamín A este sábado a competición ligueira na Primeira Comarcal

  O Benxamín A inicia a competición ligueira este sábado 1 de outubro, na Primeira Comarcal. O seu rival no campo da Lavandeira do Burgo será o Sporting Burgo. Faltan só tres equipos da canteira deportivista por ini

En Terceira División, o Fabril recibe o Vilalonga o domingo 2 ás 12.00. Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público sénior, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.
 
Os pupilos de Cristóbal procuran encadear dous triunfos consecutivos, após o conseguido o pasado domingo en Ordes, e escalar até a zona alta da clasificación en Terceira División.
 
Tamén xogan na cidade deportiva o Xuvenil B e o Cadete A, ambos o sábado 1 pola mañá. Nesta ocasión, os socios teñen libre acceso, mais a entrada sénior custa 3 euros. O Dépor Feminino B farao no seu campo de Ponte dos Brozos (Arteixo), o domingo 2 de outubro ás 16.00 horas.
 
Sairán a polos tres puntos como visitantes o Xuvenil A (en Lugo), o Cadete B (na Coruña ante o Victoria B), o Infantil A (na Coruña ante o Victoria) e o Infantil B (en Oleiros ante o Obrero).
 
O calendario de partidos é o seguinte:
 
Terceira División
 
FABRIL - VILALONGA, o domingo 2 de outubro ás 12.00 en Abegondo
Clasificación: 1. Racing Vilalbés, 16 puntos; 2. Rápido de Bouzas, 13 puntos; 3. Céltiga, 12 puntos; 4. Alondras e Barbadás, 11 puntos; 6. Fabril, Cerceda, Arosa e Compostela, 10 puntos...
 
Categoría Feminina
 
DEPORTIVO FEMININO B - VICTORIA B, o domingo 2 de outubro ás 16.00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 10. UD Ourense, 2 puntos; 11. Deportivo Feminino B e Sárdoma B, 1 punto; 14. SD O Val, San Miguel CF e Xuventú Aguiño SD, 0 puntos
 
Categoría Xuvenil
 
LUGO - XUVENIL A, o sábado 1 de outubro ás 12.00 na Reigosa (Friol)
Clasificación da División de Honra: 1. Oviedo e Lugo, 12 puntos; 3. Sporting de Gijón e Roces, 9 puntos; 5. Alondras, 7 puntos; 6. Xuvenil A, Val Miñor e Celta, 6 puntos...
 
XUVENIL B - SANTA MARIÑA, o sábado 1 de outubro ás 12.30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Nacional: ... 4. Racing Vilalbés e Choco, 6 puntos; 6. Conxo e Santa Mariña, 5 puntos; 8. Ourense, Xuvenil B, Calasancio e Porriño Industrial, 4 puntos...
 
Categoría Cadete
 
CADETE A - URAL, o sábado 1 de outubro ás 11.00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 9 puntos; 2. Lugo, 7 puntos; 3. Pabellón de Ourense, 6 puntos; 4. Cadete A, Ural e Ourense CF, 5 puntos...
 
VICTORIA B - CADETE B, o domingo 2 de outubro ás 12.00 na Leyma
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B, 9 puntos; 2. Xuventude Oroso e Calasanz, 7 puntos...
 
Categoría Infantil
 
VICTORIA - INFANTIL A, o sábado 1 de outubro ás 10.00 na Leyma
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, Ural, Racing de Ferrol e Galicia Caranza, 9 puntos; 5. Xuventude Oroso e Atlético Coruña Montañeros, 7 puntos...
 
OBRERO - INFANTIL B, o sábado 1 de outubro ás 10.30 no campo Eugenio Pardo Conchado de Oleiros
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, Oza Juvenil e Imperátor, 9 puntos; 4. Orillamar, Victoria B, Ural B e Maravillas, 6 puntos...
 
Categoría Benxamín
 
Primeira Comarcal A Coruña, primeira xornada: SPORTING BURGO - BENXAMÍN A, o sábado 1 de outubro ás 12.00 no campo da Lavandeira (O Burgo)