RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
#ASNOSAS

Arrinca a actividade do Dépor Feminino con clínics nas vindeiras semanas

  Aínda que nas últimas semanas xa se traballou intensamente na xeración dunha estrutura xeral de base, co comezo deste mes de xuño arrinca formal e publicamente o traballo do novo equipo do Real Club Deportivo, o D&ea

A primeira das actividades do grupo de traballo do Dépor Feminino, encabezado por Manu Sánchez, é a coordinación dunha serie de clínics organizados polo Dépor en colaboración co Orzán SD durante os venres de xuño e xullo a partir do día 10 deste mes e ata o día 8 do próximo, en horario de tarde e aberto a todas as mozas que queiran probar e que teñan 13 anos xa cumpridos.
 
Ademais tamén se reeditará o Campus "Fútbol feminino para todas", gratuíto e aberto a calquera idade que se desenvolverá no campo de Arteixo (Ponte dos Brozos) en horario de 10 a 14 h. na semana do 4 ao 8 de xullo. Trátase da segunda edición do campus que organiza o Club Atlético Arteixo en colaboración co Orzán SD e desde este ano tamén co RC Deportivo.
 
Para ampliar información de ámbalas actividades: deporfem@rcdeportivo.es ou 626 646 037.