RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

As doazóns por #onosoderbi desbordan todas as previsións e chegan ás 2.193. Grazas! #Imposiblesenti

  A campaña especial de doazón de sangue “Imposible sen ti”, impulsada polo Centro de Transfusión de Galicia (CTG)-Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, en colaboración co RC Deportivo e o R

O excelente resultado desta campaña, que principiou o pasado mércores 23 de marzo e rematou o sábado do noso derbi, permitiu afrontar un período especialmente delicado para a doazón de sangue, como as xornadas inmediatamente anteriores e posteriores ás datas festivas de Semana Santa. Dende o inicio da campaña, as unidades móbiles e puntos fixos de doazón da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos efectuaron máis dunha vintena de desprazamentos nas cidades da Coruña e Vigo e concellos limítrofes, rexistrando a asistencia de 2.546 cidadáns, dos cales puideron doar 2.193 (o 86% dos presentados). 
 
Esta elevada participación supuxo duplicar o volume de doazóns obtido no mesmo período do ano 2015, circunstancia que ratifica o éxito desta iniciativa e que evidencia o carácter xeneroso e solidario dos cidadáns galegos, así como o compromiso solidario dos seareiros dous representantes galegos da máxima categoría do fútbol nacional.
 
A campaña “Imposible sen ti” impulsada polo Deportivo e polo Celta supuxo unha iniciativa sen precedentes no ámbito nacional, xa que xamais ata este momento dous equipos de máxima categoría do fútbol nacional e ás portas dun derbi autonómico de máxima rivalidade deportiva, unían as súas forzas a prol dun obxectivo común: promover unha conciencia solidaria en favor da doazón de sangue.
 
O Real Club Deportivo recibiu o máis sincero agradecemento da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos ás directivas, corpo técnico, xogadores e seareiros do RC Deportivo e do RC Celta por colaborar xenerosa e altruístamente no desenvolvemento desta iniciativa, que non só acadou o seu obxectivo inicial, senón que desbordou todas as expectativas. Ademais, o CTSG fai extensivo este agradecemento aos medios de comunicación que contribuíron a dar información sobre esta campaña e a todos os cidadáns que participaron activamente en “Imposible sen ti”, ademais de todos aqueles que, nalgún momento das súas vidas, teñen doado un pouco do seu sangue para que moitos enfermos podan solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a vida.
 
Pola súa banda, o Real Club Deportivo quere amosar o seu auténtico orgullo de ter colaborado nesta iniciativa e lembrar a todos os seus afeccionados que este apoio á causa solidaria da doazón de sangue poden facelo efectivo todos os días do ano no CHUAC e nas unidades móbiles de doazón.