RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
PORTADA

Babel cre que agora ''o equipo ten que ter unha mentalidade forte, estar unido''

Ryan Babel, autor do primeiro tanto onte en Riazor ante o Sevilla, compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo.

O dianteiro deportivista apunta sobre a actuación do colexiado valenciano Mateu Lahoz que "non teño nada que comentar dos árbitros". "Levo tempo xogando ao fútbol. Nunca estiven nunha situación na que opinar sobre o árbitro cambiara a decisión arbitral. Entón non vale a pena comentar", engade.

Sobre o choque ante os andaluces recoñece que "foi unha desilusión moi grande perder onte, deixando escapar un 2-0. Pero quitando o resultado, sentinme positivo co equipo. Esto é fútbol, temos que mirar para adiante e seguir traballando".

Apunta Babel que "isto ocorre. As veces un equipo merece máis e recibe menos. Entón o equipo ten que ter unha mentalidade forte, estar unido e traballar moito".

A nivel persoal, o dianteiro holandés, no seu segundo encontro como titular esta temporada, opina que "se teño que estar no banquillo estou no banquillo e se teño que xogar, estou listo".

Sobre a súa renovación, recalca que "nestes momentos non hai nada que falar. Temos que agardar".