RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Borges e Sam Piette teñen partido coa súa selección mañá xoves

Dous deportivistas, Celso Borges e Sam Piette, teñen partido coa súa selección Costa Rica e Canadá respectivamente, mañá xoves.

Celso Borges xoga en León ante España

Celso Borges xoga mañá xoves con Costa Rica un amigable no estadio Reyno de León ante España.

O mediocentro deportivista foi titular o pasado sábado en Buenos Aires nun amigable disputado ante Colombia, e que rematou co triunfo colombiano (0-1). Borges xogou os primeiros 63 minutos, até que foi reemprazado por D. Guzmán.

O calendario de partidos de Costa Rica inclúe estes amigables:

-COSTA RICA 0 - COLOMBIA 1

-11 de xuño: ESPAÑA - COSTA RICA, no estadio Reyno de León

-27 de xuño: COSTA RICA - MÉXICO, en Estados Unidos

A Copa de Ouro da Concacaf, en Estados Unidos, presenta este calendario para Costa Rica na Primeira Fase:

9 de xullo: COSTA RICA - JAMAICA
12 de xullo: COSTA RICA - EL SALVADOR
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA

O mediocentro branquiazul ficará concentrado até que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).

Sam Piette afronta un duplo choque ante Dominica

O fabrilista Sam Piette xoga con Canadá dous partidos clasificatorios para o Campeonato do Mundo ante Dominica. A ida será mañá xoves 11 de xuño ás 19.00 (hora local) en Roseau. A volta celébrase o martes 16 de xuño en Toronto.
 
Por este motivo, o centrocampista do filial branquiazul perde o partido de volta da segunda eliminatoria de ascenso a Segunda División B, que o Fabril disputa ante a UD San Pedro en Abegondo o domingo 14 ás 17.00 horas.

Piette foi convocado, alén diso, para xogar a Copa de Ouro da CONCACAF en xullo, en Estados Unidos.

Os partidos programados son os seguintes:

-11 de xuño: DOMINICA - CANADÁ (clasificatorio para o Mundial) en Roseau

-16 de xuño: CANADÁ - DOMINICA (clasificatorio para o Mundial) en Toronto

A Copa de Ouro da Concacaf ten o seguinte calendario:

9 de xullo: EL SALVADOR - CANADÁ
12 de xullo: JAMAICA - CANADÁ
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA

Sam Piette permanecerá concentrado até que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).
 
Iván Cavaleiro, ao Europeo Sub-21 con Portugal

O deportivista Iván Cavaleiro foi incluído na listaxe definitiva da Selección Sub-21 de Portugal para disputar a Fase Final do Campeonato de Europa da categoría, que se celebrará na República Checa do luns 17 ao 30 do próximo mes de xuño.

O calendario da Primeira Fase de Portugal é o seguinte:

-Xoves, 18 de xuño: INGLATERRA - PORTUGAL
-Domingo 21 de xuño: ITALIA - PORTUGAL
-Mércores 24 de xuño: PORTUGAL - SUECIA

As semifinais disputaranse o 27 de xuño, o partido polo terceiro e cuarto posto, que decidirá unha praza olímpica, o 28 de xuño; e a grande final, o 30 de xuño.