RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
CADETES

Cadete B e Celta B xogan este mércores a grande final da Liga Galega

  Cadete B e Celta B disputarán este mércores 1 de xuño a final da Liga Galega. O partido xogarase ás 19.30 horas no campo de San Martiño en Callobre (A Estrada).

O equipo deportivista que dirixe Manuel Felípez proclamouse campión do Grupo Norte con 89 puntos, froito de 28 partidos gañados, 5 empatados e 1 perdido. Anotou 98 goles e encaixou 20.
 
Pola súa parte, o Celta liderou o Grupo Sur con 87 puntos, con 28 partidos gañados, 3 empatados e 3 perdidos. Os célticos anotaron 143 goles e encaixaron 34.