RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
#ANOSAFORZA

Carta aberta o Deportivismo:

Levo tempo cavilando en levar a cabo esta carta, unha carta dun deportivista mais que quere adicar unas liñas a esta afección que esta a demostrar ser a mellor de primeira, todos os que coma min levamos as cores e o escudo do DEPOR correndo

Chegou a hora, chegou o momento dos valentes o momento no que o DEPOR nos precisa mais que nunca, todos somos indispensables o sábado pero tamén o xoves e o venres, nestes días que quedan todos temos que engalanar as nosas fiestras, os nosos postos de traballo, os nosos coches, lucir a elástica deportivista dende hoxe ata o sábado porque como dixen chegou o momento de dicir  “EU SON DO DEPOR” o momento de espertar o pequeno Riazor Blues que levamos dentro e formar entre todos o maior exercito branquiazul visto xamais que terá por armas as gorxas e as palmas das mans e por motor o corazón de deceas de miles de deportivistas e levar entre todos o clube dos nosos amores a acadar a permanencia.

Temos que dalo todo,a cidade de A Coruña ten maior responsabilidade que ninguén posto que e a que ten o privilexio de ter no seu ventre o santuario do fútbol “RIAZOR”, pero non e a única porque o deportivismo non e patrimonio so de Coruña posto que a cada encontro que disputa o DEPOR acude xente da comarca de Bergantiños, Ferrol, Ortegal, Eume, Betanzos, Ordes, Terra de Melide, Arzua, Xallas, A Barcala, Terra de Soneira, Fisterra, Santiago, Noia, Muros, Barbanza e así podería seguir ata nomear a derradeira comarca de Galicia e do mundo,todos temos que empurrar mais forte que nunca para que o DEPOR estea outro ano mais na elite.

Todos formamos parte da historia do DEPOR, un clube que ten mais de 100 anos de historia, dende que nace na Sala Calvet pasaron moitos anos e moitas cousas entre outras nos libramos de descender a 2ªB cando case non quedaba tempo, para voltar a primeira tivemos que queimar o meigallo de RIAZOR sacrificando para iso a cuberta da grada de preferencia entregada o lume pola causa, porque logo de gañar a promoción contra o betis o pouco tempo estábamos a disputar a liga, unha liga que como dixo un sabio “fallamos cuando no quedaba tiempo ni para respirar hombre”, o ano seguinte gañamos a final mais longa da historia ante o rival idóneo, ¿Que equipo de España gañou unha liga un venres? O DEPOR (un titulo que so teñen 9 equipos en España), gañamos 3 supercopas,remontamos ante o PGS e o Milan, 25000 almas branquiazuis sopraron as velas e cantaron o cumpreanos feliz con mais retranca do mundo acadando así a final do centenariazo e así podería seguir poñendo mais cousas que sucederon pero o que importa agora e o presente posto que nestes días vaise escribir unha nova paxina na historia do DEPOR e agora pregunto eu ¿queres formar parte de ela? Eu si e para iso como dixen penso deixar o alento e todas as miñas forzas para que o DEPOR estea en primeira, por iso pido humildemente e de corazón que todo aquel deportivista que lea isto se entreguen mais que nunca para deixar o DEPOR onde merece estar.

Gracias pola túa atención e como non…… ¡FORZA DEPOR!