RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Celso Borges e Fayçal teñen partido mañá venres con Costa Rica e Marrocos respectivamente

  Os deportivistas Fayçal e Celso Borges teñen mañá venres 27 de maio partido coas súas respectivas seleccións nacionais: Marrocos e Costa Rica.

Fayçal mídese ao Congo en Marrocos

A Selección Marroquina de Fútbol, con Fayçal entre os convocados, mídese mañá venres ao Congo en partido amigable que se xoga en Tánger.
 
O próximo venres 3 de xuño, xa en partido clasificatorio para a Copa de África 2017, Marrocos mídese a Libia. O choque arranca ás 19.00 (hora local) en Rades (Túnez).
 
O atacante deportivista incorporouse o pasado domingo 22 de maio á concentración do combinado marroquino.
 
Amigable de preparación de Celso Borges ante Venezuela
 
Celso Borges está concentrado até o 30 de maio con Costa Rica para preparar Copa América Centenario 2016.
 
O futbolista branquiazul disputará mañá venres 27 de maio un partido amigable, ante Venezuela no Estadio Nacional de Costa Rica (20.00, hora local) en San José.
 
A Copa América Centenario 2016 xogarase en Estados Unidos durante o mes de xuño, con este calendario para Costa Rica na Primeira Fase:
 
Sábado 4 de xuño
COSTA RICA - PARAGUAY, en Orlando
 
Martes 7 de xuño
ESTADOS UNIDOS - COSTA RICA, en Chicago
 
Sábado 11 de xuño
COLOMBIA - COSTA RICA, en Houston
 
Os dous primeiros clasificados accederán a cuartos de final, do 16 ao 18 de xuño. As semifinais xogaranse o 21 e 22. O 25 de xuño está previsto o partido polo terceiro e cuarto posto; mentres que a final se celebrará o 26 de xuño en New York.
 
Sam Piette, citado para unha concentración de Canadá
 
O fabrilista Sam Piette foi convocado por Canadá para unha concentración da selección en Austria, do luns 30 de maio ao mércores 8 de xuño.
 
Durante este periodo, a selección canadiana ten previsto xogar dous amigables, os dous en Austria: ante Azerbaiján, o venres 3 de xuño no Stadion Rohrbach en 
Rohrbach An Der Lafnitz (19.00); e fronte a Uzbekistán, o martes 7 de xuño en Thermenstadion da localidade de Bad Waltersdorf (16.00).