RCD / NOTICIAS

Cinco adestramentos e dous partidos oficiais en sete días

27/11/2016 10:35

O primeiro equipo afronta unha semana dura de traballo con dous partidos oficiais (Copa en Sevilla ante o Real Betis e liga en Riazor fronte á Real Sociedad); alén de cinco sesións de adestramento, unha delas, no estadio a porta fechada.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 28 de novembro
17.00: Adestramento en Abegondo

Martes 29 de novembro
22.00: Betis - Deportivo no estadio Benito Villamarín

Mércores 30 de novembro
Descanso

Xoves 1 de decembro
17.00: Adestramento en Abegondo

Venres 2 de decembro
10.30: Adestramento en Riazor, a porta fechada

Sábado 3 de decembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Domingo 4 de decembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Luns 5 de decembro
20.45: Deportivo - Real Sociedad, en Riazor