RCD / NOTICIAS

Costa Rica conta con Celso Borges para un amigable en Rusia

  A selección de Costa Rica convocou o mediocentro deportivista Celso Borges para un amigable ante Rusia, na cidade de Krasnodar (Rusia) o próximo domingo 9 de outubro.

22/09/2016 12:59

O futbolista branquiazul viaxará directamente desde A Coruña á concentración de Costa Rica en Krasnodar o domingo 2 de outubro, após o partido en Riazor ante o Sporting de Gijón previsto para o sábado 1 ás 20.45.
 
Fayçal Fajr, preconvocado con Marrocos
 
Fayçal Fajr foi preconvocado polo seleccionador de Marrocos para participar nos dous próximos partidos do combinado norteafricano fronte a Gabón e Canadá.
Os partidos disputaranse os próximos días 8 e 11 de outubro. O primeiro a domicilio fronte a Gabón, oficial e clasificatorio para o mundial, e o segundo amigable en terras marroquínas ante Canadá.
 
Florin Andone, citado por Rumanía para dous partidos clasificatorios do Mundial 2018
 
Florin Andone foi convocado pola Federación Romena de Fútbol para dous partidos clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018 no próximo parón ligueiro do mes de outubro.
 
Así, o sábado 8 de outubro, Rumanía visita Armenia en Yerevan; e o martes 11 de outubro a Kazajistán en Astana.
 
O dianteiro deportivista terá que se incorporar á concentración romena o 2 de outubro.

Más noticias de: BORGES, FAYÇAL, ANDONE