RCD / NOTICIAS

Fabricio e Lux reciben a alta médica

  Os Servizos Médicos do RC Deportivo deron estes días a alta médica aos gardarredes Fabricio Agosto e Poroto Lux. Por conseguinte, ambos os futbolistas áchanse de vacacións, mais aptos para iniciaren a pretemporada próxima adestrando con normalidade.

24/05/2016 10:59

Fabricio lesionouse no seu xeonllo dereito nun amigable en Mugardos ante o Galicia de Mugardos o pasado 12 de agosto de 2015; mentres que Lux se danou no seu xeonllo esquerdo no #ONosoDerbi de Balaídos o 2 de abril de 2016, nun choque fortuito con Sidnei.

Más noticias de: FABRI, POROTO LUX