RCD / NOTICIAS

Fayçal e Emre Çolak, preconvocados por Marrocos e Turquía

  Ademais de Florin Andone, os tamén deportivistas Fayçal Fajr e Emre Çolak foron preconvocados por Marrocos e Turquía respectivamente.

17/08/2016 20:55

Fayçal, preconvocado por Marrocos
 
Marrocos preconvocou Fayçal Fajr para dous encontros o próximo mes de setembro. O xoves 31 de agosto, a selección marroquina visita Albania nun amigable; e o domingo 4 de setembro, Marrocos recibe Santo Tomé e Príncipe, xa en partido clasificatorio para a Copa de África.
 
Nos próximos días, a Federación Marroquina de Fútbol fará pública a convocatoria oficial.
 
Turquía e Emre Çolak
 
A selección de Turquía tamén preconvocou Emre Çolak para un partido amigable, o xoves 31 de agosto en Antaya ante Rusia; e un partido clasificatorio para a Copa do Mundo 2018, o luns 5 de setembro en Zagreb fronte a Croacia.
 
O próximo venres 26 de agosto, a Federación Turca fará pública a listaxe definitiva. En caso de estar convocado, Emre Çolak terá que se presentar o sábado 27 de agosto na localidade turca de Antalya.
 
Florin Andone, citado por Romenia para un partido oficial
 
O avanzado deportivista Florin Andone foi convocado pola selección da Romenia para un partido clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018.
 
O encontro será o domingo 4 de setembro ante Montenegro no Cluj Arena de Romenia. O futbolista branquiazul incorporarase o próximo domingo 28 de agosto á concentración romena.

Más noticias de: FAYÇAL, EMRE ÇOLAK, ANDONE