RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Fernando Vázquez: Hai que ser humildes, ter calma, tranquilidade e desfrutar co que un ten

Fernando Vázquez compareceu esta mañá en rolda de prensa en Abegondo, unha vez finalizado o treinamento do equipo.

O técnico deportivista pediu "ser humildes, ter calma, tranquilidade e desfrutar co que un ten. Notou unha mudanza de percepción desde o mercado de inverno, aínda que "o Clube non investiu máis". "Dá a sensación que agora somos a repera e antes eramos un equipo máis", sostén.

Lamentou a lesión desta mañá de Toché, porque "era titular e se estaba acercando ao seu mellor momento de forma". Alén de Ifrán, que "seguramente viaxará", "Luis, Borja ou Arizmendi poden ocupar a súa posición perfectamente", acrecenta.

Recoñeceu que non ten claro o sistema do equipo para A Romareda, o domingo frente ao Zaragoza (12.00, Canal Plus 1). "Outros partidos si que o tiña claro desde o principio de semana", comentou.

A respecto do cambio de adestrador no rival (Víctor Múñoz foi presentado hoxe), e a súa posible repercusión no partido do domingo, Fernando Vázquez afirmou que "non sabería valoralo. Nin quero". "Eu só xustifico o cambio de treinador cando a relación entre o vestuario e o técnico estivese rompida. E este non é o caso. Mais non quero dicir que esta decisión estea ben ou mal".