RCD / NOTICIAS

Florin Andone xogará con Romanía ante Polonia e Rusia

  O avanzado deportivista Florin Andone foi convocado pola súa selección, Romanía, para dous partidos o próximo mes de novembro,  no parón ligueiro. O primero deles será ante Polonia, no National Arena de Bucarest (21.45) o venres 11 de novembro; nun choque clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018. O segundo será amigable, ante Rusia, o martes 15 de novembro na cidade rusa de Grozny. Andone terá que se incorporar á concentración da súa selección o domingo 6 de novembro, após o partido do Dépor en Granada do sábado 5 de novembro (13.00 horas, Bein Sports).

26/10/2016 13:59

Celso Borges, con Costa Rica
 
Celso Borges foi convocado para dous partidos internacionais con Costa Rica. Os rivais serán Trinidad e Tobago e Estados Unidos, ambos os compromisos clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018.
 
Así, o venres 11 de novembro, Costa Rica visita Trinidad e Tobago. O partido será ás 19.00 (hora local) no Hasely Crawford Stadium de Puerto España, capital do país centroamericano.
 
E o martes 15 de novembro, Costa Rica recibe en San José a Estados Unidos.
 
O futbolista branquiazul deberá incorporarse á concentración da súa selección o luns 7 de novembro. 

Más noticias de: BORGES, ANDONE