RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Insua: O equipo ten ganas de sumar, de vencer, de convencer

Pablo Insua anotou o pasado sábado no Anxo Carro de Lugo o seu terceiro gol esta temporada. O central galego, titular indiscutible para Fernando Vázquez, axiganta cada semana o seu peso no vestuario: "Si, nótome xa como maior imp

Insua ten claras as súas contas para lograr o obxectivo: "Nós temos de pensar en gañar tres partidos, sumar nove puntos; e os demais que fagan o que teñan que facer".
 
"Temos que pensar en nós, e non no que fagan os demais", insiste o defensor branquiazul.
 
Sobre os últimos dous partidos saldados polo Dépor cunha derrota e un empate, Insua opina que "sabemos que temos que mellorar, mais non penso que o equipo se sinta presionado. O equipo ten moitas ganas de afrontar o seguinte partido, de sumar, de vencer, de convencer. A xente está moi concienciada e hai moita motivación para afrontar os seguintes partidos".
 
Con Alavés, Eibar, Numancia, Real Jaén e Girona no horizonte ligueiro, Insua cre que "o calendario non é moi bon. Son todos rivais moi perigosos. Están bastante abaixo, queren aproveitar as súas oportunidades e cada partido é unha final como para nós".
 
Valorou positivamente o seu gol en Lugo a pasada fin de semana: "tiven a sorte este ano de meter tres goles. Nunca fixen máis de dous. Todos os equipos teñen defensas que fan goles e dan puntos. Nese sentido estamos aportando os de atrás e vai ser importante para o equipo".