RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Juan Domínguez cre que o Dépor, en Palamós, ten de saír ''a tope, ao cen por cen''

Juan Domínguez confesou na sala de prensa de Abegondo estar "con ganas" do partido de Copa do Rei de mañá mércores 2 de decembro ás 21.00 horas (Canal + Liga / Abono Fútbol) no Nou Estadi de Palam&oacute

Advirte que o Dépor "quere ter un bon resultado, unha vitoria; e teño ganas individualmente de poder xogar. A ver se teño sorte e disputo o partido. Ganas de facelo ben".
 
A xuízo de Juan Domínguez, a Llagostera "non vai ser fácil. Non temos que confundirnos e pensar que porque é doutra categoría vai ser máis fácil. Seguro que van saír con moita intensidade, e ao final calquera equipo dunha categoría profesional vaicho pór complicado".
 
Laiouse da sobrecarga muscular que o apartou do derbi de hai quince días en Riazor, "que alén diso é o meu partido favorito. É o que máis me gusta xogar porque é unha festa do fútbol galego. Sempre é moi bonito e énchese o estadio. E xusto é a única lesión que tiven esta temporada. Lesión pequena por sorte mais que me impediu ter posibilidades de ter podido xogar ese partido".
 
Subliña o '10' deportivista que a Copa "é unha competición que nos interesa. É un rival complicado. E como non fagamos as cousas ben, esteamos concentrados e lle metamos intensidade ao partido, estou seguro que non imos ter un bon resultado. Por iso temos que traballalo ben, sair a tope, estar ao cen por cen".
 
Ve o partido de Copa como unha "oportunidade de poder xogar, apañar sensacións de competición, aproveitar e desfrutar se teño minutos todo o que poida. E ao final é iso. Tanto adestrando como os partidos que xogue sexan de liga ou de Copa axudar o equipo o máximo posible e traballar e desfrutar todo o que se poida".