RCD / NOTICIAS

Lucas Pérez e o Fabril, premiados pola Radio Galega

  O programa 'Galicia en Goles' da Radio Galega entregará o xoves 16 de xuño os premios aos mellores da Temporada 2015-16. Será durante a gala que organiza a Federación Galega de Fútbol no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, desde as 21.00 horas.

01/06/2016 15:05

Cada xornada, os locutores da emisora autonómica puntúan os mellores e ao final do curso faise o reconto de puntuación. Esta temporada, Lucas Pérez foi o máis regular no RC Deportivo.
 
Na Terceira División, o Fabril gañou, por segunda temporada consecutiva, o premio á deportividade que leva o nome do que fora xerente do Celta, 'Quinocho'.

Más noticias de: LUCAS PÉREZ