RCD / NOTICIAS

Luisinho: Demostramos partido a partido que é difícil meternos un gol

  Luisinho foi o protagonista na sala de prensa de Abegondo. O lateral zurdo valora o punto que trouxo o Dépor de Mendizorroza "ante un equipo difícil, moi ben traballado. Xa o demostrou na semana anterior coa vitoria en Barcelona".

21/09/2016 10:29

Opina que o punto "é bon para os dous equipos. Agora hai que pensar xa no próximo partido ante o Leganés".
 
Coincide Luisinho en afirmar que "en defensa estamos moi ben. Apenas levamos dous goles encaixados. Demostramos partido a partido que é difícil meternos un gol. É un pouco a identidade do equipo".
 
De cara ao choque deste xoves 22 de setembro en Riazor ante o Leganés (20.00 horas, Bein Sports), con moi pocos días de descanso, apunta o lateral deportivista que "un xogador sempre quere xogar. Queremos xa xogar contra o Leganés e gañar".
 
A nivel persoal, asegura estar "ben. Teño a fiúza do míster e iso é o máis importante". Neste sentido, admite que o seu obxectivo é "intentar axudar o equipo. O que máis me gusta é xogar ao fútbol. Teño que o demostrar en todos os partidos".
 

 

Más noticias de: LUISINHO