RCD / NOTICIAS

Luisinho: Foi un mes complicado para min, porque o pasei mal.

Luisinho volta esta semana a estar dispoñible para Fernando Vázquez após ter cumprido catro partidos de sanción. Recoñece que foi "un mes complicado para min, porque o pasei mal".

01/04/2014 18:09

O zurdo deportivista prefire esquecer o sucedido: "Agora xa pasou. Quero pensar en axudar o equipo e a min mesmo, e recuperar o tempo perdido."

Asegura que é a primeira vez na súa carreira deportiva que afrontou unha sanción como  esta. "Non me pasa pola cabeza voltar a cumprir catro partidos", subliña.

Si quixo deixar claro que foi "inxustamente tratado, e prexudicáronme a min e ao equipo".

Sen saber aínda se voltará ao once o próximo sábado ben como lateral ou ben en posición máis avanzada, Luisinho está preparado para "pensar nos dez partidos que quedan, que son dez finais".

Más noticias de: LUISINHO