RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Lux: Anduva é un campo pequeno e o rival presiona moito

Germán Lux compareceu en rolda de prensa esta mañá, antes de comezar o adestramento. Coincidiu con Seoane ao afirmar que espera o sábado (18.15, La Sexta) un partido similar en Anduva ao que xogou o Dépor en Eibar: &quot

Sobre a súa volta aos terreos de xogo, asegura que está "recuperando sensacións. Acheime, a respecto da lesión, moi cómodo e moi ben. Estou contento por voltar e sentirme ben da perna, que o equipo tivese gañado".
 
Tivo palabras de cariño para Salomão, un futbolista moi querido no grupo: "É unha mágoa. No vestuario diciamos todos que baixe a Virxe e que o de Salomão no sexa nada. Infelizmente non vai estar. É unha mágoa porque perdemos un bon xogador. Queremos darlle moito ánimo e que lle saia todo ben. E apoialo no que el necesitar, que conte con todos nós".
 
A preguntas dos medios de comunicación, tamén se referiu Lux á sanción de catro partidos a Luisinho: "É unha sanción excesiva que a nós nos fai moito dano. É un xogador importante para o equipo e moi regular. Aporta moito. Mais, xa Luisinho non podemos contar con el e pensar en sustituílo, que compañeiros hai e moitos. Seguir na liña que temos de traballo e día a día para poder manternos aí arriba".

Confesa Lux que "lle preguntamos (a Luisinho) e non lle entendemos sinceramente o que nos di. As palabras que reflicte a acta nós non as cremos", conclúe.