RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
INFANTILES

Mañá venres arranca o Alevín B a Azpeitia Cup en Guipúscoa

Catro equipos da canteira deportivista teñen torneo amigable esta fin de semana: Infantil B en Boiro, o Alevín A nas Illas Azores (Portugal), Alevín B, desde mañá venres en Azpeitia (Guipúscoa) e Benxamín A

Onte mércores, o Infantil A gañou no campo do Vao ante o Coruxo (1-2), o partido de volta da ronda previa á Fase Final da Copa Galicia. Na ida en Abegondo houbo empate sen goles (0-0). Así pois, este sábado, o equipo que prepara Jorge Castro disputará a Fase Final no campo do Viso de Arzúa.
 
Tamén onte mércores na Torre, o Benxamín A caeu eliminado do Trofeo Mini Teresa Herrera na tanda de penaltis da semifinal. Estivo máis atinado o Victoria (1-2). Ao final do tempo regulamentario chegouse con igualada (1-1).
 
No Play Off de Ascenso a Segunda División B, o Fabril visita este domingo 12 de xuño (18.00 horas) o Navalcarnero cunha renda de 2-1 lograda o pasado domingo en Riazor. Manu Mosquera recupera Sam Piette, que regresou á Coruña o mércores dunha concentración de Canadá.
 
Esta semana finalizaron a temporada o Xuvenil A, que acabou a División de Honra en quinta posición; e o Xuvenil B, campión da Liga Nacional.
 
O calendario de partidos é o seguinte:
 
Play Off de Ascenso a Segunda División B, segunda eliminatoria, volta: NAVALCARNERO - FABRIL, o domingo 12 de xuño ás 18.00 no Municipal Mariano González de Navalcarnero. Na ida: 1-2
 
Categoría infantil
Ronda previa á Fase Final Galega, volta, xogado o pasado mércores: CORUXO 1 - INFANTIL A 2 (Iago e Rares). Na ida: 0-0
 
Fase Final da Copa Galicia no campo do Viso (Arzúa)
Sábado 11 de xuño
Semifinal
11.00: CELTA - INFANTIL A
 
En caso de se clasificar, a final será ás 17.00 horas
 
Torneo de Fútbol Base Abanqueiro SD en Boiro
Domingo 12 de xuño
Primeira Fase
11.10: INFANTIL B - SANTIAGO CF (campo 2A)
12.45: INFANTIL B - FISTERRA (campo 2A)
15.50: INFANTIL B - VAL MIÑOR (campo 1A)
 
Os tres primeiros clasificados e o mellor cuarto de todos os grupos accederán á Fase Final, que, por sistema de eliminatoria, se xoga a continuación.
 
Categoría alevín
Pauleta Azores Soccer Cup
Primeira Fase
Sábado 11 de xuño
11.00 (hora local): ALEVÍN A - ACF PAULETA A
17.30 (hora local): ALEVÍN A - ÁGUIA CD
 
Segundo clasificación, os dous primeiros equipos pasan á Fase Final e o terceiro á Fase de Consolación.
 
Azpeitia Cup (Guipúscoa)
Primeira Fase
Venres 10 de xuño
19.00: COMILLAS - ALEVÍN B (campo 4)
 
Sábado 11 de xuño

11.30: REAL MADRID - ALEVÍN B (campo 3)
12.30: GRANADA - ALEVÍN B (campo 2)
18.00: ALEVÍN B - PRIMER TOQUE (campo 1)
19.00: ALEVÍN B - LEVANTE (campo 1)
 
Os dous primeiros e os dous mellores terceiros de todos os grupos acceden á Fase Final, que se xoga o domingo 12 de xuño.
 
Categoría benxamín

Trofeo Mini Teresa Herrera, cuartos de final, xogado o pasado luns: BENXAMÍN A 7 (David (2), Iván, Lucas, Dani, Álvaro e Pablo Seco) - ORILLAMAR 0
Trofeo Mini Teresa Herrera, semifinal, xogado o pasado mércores: BENXAMÍN A 1 (Pablo) - VICTORIA 1. Por penaltis: 1-2
 
Torneo Concello de Viveiro no Estadio Municipal de Viveiro
Sábado 11 de xuño
Primeira Fase
10.45: POLVORÍN - BENXAMÍN A (campo 2)
12.25: MONTAÑEROS - BENXAMÍN A (campo 2)
15.30: BENXAMÍN A - BURELA (campo 1)
17.10: BENXAMÍN A - QUIRINAL (campo 1)
 
Os dous primeiros clasificados acceden á Fase Final, que se xoga desde cuartos de final.