RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
#ASNOSAS

Mañá venres terá lugar en Abegondo a segunda das catro xornadas de Clínics femininos

  Mañá venres 17 de xuño ás 17.00 horas terá lugar na cidade deportiva de Abegondo a segunda das catro xornadas de Clínics femininos que o Real Club Deportivo pon en marcha, co comezo das actividades do e

Todas as rapazas que queiran poden probar. Basta con ter 13 anos xa cumpridos. As interesadas deben inscribirse en deporfem@rcdeportivo.es ou no teléfono 626 646 037.

O pasado venres, foron cerca de 30 xoves xogadoras as que participaron nesta primeira experiencia, supervisada polos técnicos responsables da área.
 
Alén diso, o campo de Ponte dos Brozos en Arteixo será o escenario do Campus "Fútbol feminino para todas", gratuito e aberto a calquera idade. O horario será de 10.00 a 14.00, do 4 ao 8 de xullo. É a segunda edición do campus que organiza o Atlético Arteixo en colaboración co Orzán SD, e, desde este ano, tamén co RC Deportivo.