RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Manuel Pablo apadriña a tarxeta Teatro Colón

Esta mañá, con motivo da saída á venda da tarxeta Teatro Colón, fíxose entrega da tarxeta número un ao capitán do Deportivo da Coruña Manuel Pablo, padriño deste programa de fidelizaci&

Na rolda de prensa que tivo lugar esta mañá, Valentín Rodríguez, xerente do teatro, recalcou o apoio que este programa está recibindo por parte dos axentes sociais e culturais do contorno do teatro. A elección de Manuel Pablo como padriño do programa débese á súa vinculación coa cidadanía e coa cidade da Coruña ("trátase dun referente social e deportivo", apunta Valentín), e a que é espectador asiduo do Teatro Colón. Na presentación interviñeron tamén Hernán Javier Carrión Tarrio, director da Área de Patrimonio da Fundación Novacaixagalicia, José Ignacio Cacharrón, director do hotel NH Atlántico e Antonio Amor Campo, presidente da Asociación Zona Comercial Obelisco. "Desde o primeiro minuto o Deportivo amosou a súa predisposición a colaborar", engade o xerente do teatro.

A Fundación Novacaixagalicia é a que dá soporte técnico e dota de tecnoloxía este programa de fidelización, un proceso longo e non exento de dificultades en que o Teatro Colón contou co total apoio da fundación. Os abonados na tarxeta Teatro Colón terán descontos no hotel NH Atlántico e nun total de 36 establecementos da zona comercial Obelisco. Valentín Rodríguez reiterou o seu agradecemento ao pequeno comercio da zona, ao hotel NH Atlántico, á Fundación Novacaixagalicia e ao Real Club Deportivo da Coruña polo apoio incondicional a este programa.

A tarxeta Teatro Colón pode adquirirse a partir de hoxe na taquilla da Fundación Novacaixagalicia e do Teatro Colón ou a través da web: www.servinova.com. Este programa de fidelización ten un custo de 20 € e unha validez dun ano e ofrece entre outras vantaxes descontos do 10 % para platea e palcos e do 20 % para a zona de principal (non acumulables aos descontos habituais do teatro), envío de información periódica, visitas guiadas ao teatro, convites a encontros cos artistas e descontos en comercios e establecementos da zona.