RCD / NOTICIAS

Nova charla formativa de Manuel Pablo aos pais dos xogadores de tres novos equipos da canteira

30/11/2016 12:05

O ex capitán do Deportivo Manuel Pablo, integrante da Secretaría Técnica do Clube, dará una nova charla mañá xoves 1 de decembro ás 19.30 aos pais e nais dos xogadores neste caso do Alevín A, Infantil B e Infantil A. Será na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo.

Esta actividade, que terá continuidade nas próximas semanas co resto de equipos da canteira, está organizada pola Área Educativa do Clube que coordina a psicóloga Marisol Arias Barja. A primeira experiencia foi o pasado martes 22 de novembro cos pais das xoves futbolistas do Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

O que fora capitán do Dépor falará de novo sobre a súa traxectoria como profesional e o papel que a súa familia desempeñou na súa carreira como xogador.