RCD / NOTICIAS

O Alevín A compite este domingo en Vigo na Danone Nations Cup

O Alevín A do Deportivo non ten competición ligueira esta fin de semana, xa que o domingo 13 de marzo disputa na Madroa a Danone Nations Cup de fútbol sete.

10/03/2016 22:51

O calendario da Primeira Fase para o equipo deportivista é o seguinte:
 
10.00: ALEVÍN A - LOURO TAMEIGA
11.00: ALEVÍN A - ALERTA NAVIA
12.00: ALEVÍN A - ATLÉTICO MARCÓN
13.00: ALEVÍN A - ERIZANA
 
Os dous primeiros accederán a cuartos de final, que xa se disputarán a seguir e o campión desta Fase Norte participará na Fase Nacional.
 
O Alevín A do Deportivo, campión do seu grupo de Primeira Comarcal de fútbol oito, marcha de líder do grupo 1º do Torneo Conservas Calvo de fútbol once, con 2 puntos de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, o Victoria.